Arela

ARELA nace en setembro de 1998 coa misión de fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadas, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

Colabora con Arela

Arela acolle un Programa de Educación para a Saúde impartido por Cruz Roja e destinado a adolescentes e novos infractores de Vigo.

Atención, ábrese nunha nova ventá. PDFImprimirEnviar

Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.

   

Arela pon en marcha o PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS nos Colexios e Institutos da provincia de Pontevedra

Atención, ábrese nunha nova ventá. PDFImprimirEnviar

Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo

 

   

ARELA pon en marcha un SISTEMA DE BONOS como medida para afrontar a situación de crise económica

Atención, ábrese nunha nova ventá. PDFImprimirEnviar

A través deste sistema a Asociación pretende canalizar as inquedanzas de aquelas persoas que queren apoiar os seus proxectos.

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago