Descrición

O CIEMA para adolescentes e mocidade en conflito social da Asociación ARELA, destinado ao cumprimento de medidas xudiciais en medio aberto e de reparacións extraxudiciais, réxense pola Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores, o seu Regulamento de aplicación, e a Lei orgánica 8/2006, de 4 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 5/2000 de 13 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

As medidas susceptíbeis de ser executadas no CIEMA ARELA son as seguintes:

  • Tratamento ambulatorio.
  • Asistencia a un centro de día.
  • Liberdade vixiada
  • Convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo.
  • Prestacións en beneficio da comunidade.
  • Tarefas socioeducativas
  • Permanencias de fin de semana no domicilio.
  • Reparacións extraxudiciais derivadas polos Equipo Técnicos do Xulgado de Menores de Pontevedra (dende o 2014).

Misión

O Servizo de Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) para adolescentes e mocidade en conflito social ten como misión o fomento de maiores niveis de responsabilidade, a autonomía persoal e a non reincidencia, mediante a intervención educativa, integral e individualizada, con adolescentes, mozos e mozas en conflito social, contando coa cooperación de todos os axentes sociais e a familia

Destinatarios

A lei 5/2000 aplícase ás persoas maiores de 14 anos e menores de 18 anos pola comisión de feitos tipificados como delitos no Código Penal Vixente.
Menores ou mozos que residan na Provincia de Pontevedra e que veñan derivados polo Equipo de Medio Aberto da Delegación Provincial de Pontevedra da Xunta de Galicia.

Fases de intervención

Ónde estamos?

Para o desenvolvemento do Servizo lévanse a cabo as seguintes fases de intervención:

  • Acollemento e valoración.
  • Elaboración do programa.
  • Desenvolvemento e seguimento da intervención.
  • Finalización e avaliación da intervención.

ARELA conta na actualidade con un servizo de CIEMA, con un equipamento en Vigo e outro en Pontevedra.

Resumen de privacidad

Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas y la seguridad del sitio web.

Tenga en cuenta que no optar por algunas de estas cookies puede tener efectos en su experiencia de navegación. Puede obtener más información consultando nuestra Política de cookies.