• Rúa Ernesto Lecuona, 11, 36205 Vigo, Pontevedra
  • 986 21 25 37
TwitterFacebook-fYoutube
logotype
  • Quen somos?
  • Que facemos?
  • Transparencia
  • Novas
  • Traballa con nós
  • Contacto
Colabora con nós
  • Quen somos?
  • Que facemos?
  • Transparencia
  • Novas
  • Traballa con nós
  • Contacto
Arela
Arela
  • Quen somos?
  • Que facemos?
  • Transparencia
  • Novas
  • Traballa con nós
  • Contacto
Día Internacional da Infancia
Home Arela Día Internacional da Infancia
Arela
18 de noviembre de 2021

Día Internacional da Infancia

De cara a data do 20 de Novembro,Día Internacional dos dereitos dos nenos e das nenas, rescatamos o manifesto que elaborou para a ocasión o escritor galego Manuel Esteban. Este escrito é unha xoia que perdura no tempo e que vemos moi acertado volver traelo para un día como o deste 20 de novembro.

 

Cando nacemos a lotería da vida reparte números á toa, sen reparar demasiado no boleto que lle entrega a cadaquén.O primeiro día todos nacemos co mesmo pulo: o de chorar na procura de alimento, calor e compañía. A partires de ese momento a cousa empeza a se complicar. Hai nenos con boleto gañador que crecen como boliños doces, desexados e ledos, rebuldeiros e exploradores, seducidos pola maxia da vida, aguilloados co impulso irrefreable da curiosidade; outros, en troques, nin a “pedrea” teñen, e topan coa vida silandeiros e serios, como estrañados de tanta loucura, mudas testemuñas da laceira humana; estes nenos crecen acubillados e medrosos, cargados de débedas anticipadas ou herdos imposibles sobre os seus pequenos ombreiros.Unha das cousas máis difíciles na vida é quitarlle o sorriso a un neno. Precísase moito esforzo, moito empeño e unha auténtica morea de odio e soidade para conseguir que un neno deixe de rir. Debe existir en algures un sitio estraño e poeirento onde van parar todos os sorrisos perdidos. Pero hai outra cousa que aínda é moito máis difícil: devolverllo. E só uns poucos heroes son capaces de ir na procura deses sorrisos para entregarllos de volta aos seus lexítimos donos. Heroes anónimos e afoutos que non son quen de mirar para outro lado cando escoitan o silencio triste dun cativo. Equivócase quen pense que os nenos queren xoguetes: o que queren e alguén con quen xogar; os nenos non queren balóns, senón un equipo do que sentirse parte; non desexan moitos libros, basta con que lles conten un conto. Ese é o segredo que esquecemos cando medramos. Esa é a raíz na que agrelamos. A cerna que nos fai fortes e felices.Hoxe e o día dos Dereitos da Infancia. Hoxe é o día no que reivindicamos o dereito de todos os nenos e nenas a crecer a carón de quen os ame e os respecte. Hoxe é o día no que lembramos a necesidade de baixar a sotos escuros a rescatar sorrisos. 

Manifesto elaborado por Manuel Esteban e ofrecido como agasallo á Asociación ARELA con motivo do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas do ano 2016.

ARELA entre as entidades seleccionadas no Programa Social 2022 da Fundación Iberdrola

ARELA entre as entidades seleccionadas no Programa Social 2022 da Fundación Iberdrola

4 de noviembre de 2021

Axudas Deputación da Coruña 2021

28 de diciembre de 2021
Entradas recientes
  • Axudas Deputación da Coruña 2022
  • Proxecto FAIN
  • Exposición “A violencia sexual na xuventude”
  • Axudas Deputación da Coruña 2021
  • Día Internacional da Infancia
Categorías
  • Arela
Categorías
  • Arela(11)
Gallery
caption
caption
caption

caption
caption
caption

Featured image: Día Internacional da Infancia

Make Kids Happy

GET IN TOUGHT
logotype

A Asociación ARELA ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia.

Colabora con nós

Contacto

Rúa Ernesto Lecuona, 11
36205 Vigo (Pontevedra)

arela@arela.org

986 21 25 37

TwitterFacebook-fYoutube

Mais

Clausulado

Transparencia

Fondos públicos

Traballa con nós

Canle de denuncia

Contacto

Aviso legal

Política de Privacidade
Política de cookies

Clausulado

Copyright © 2022 Arela

En esta web recabamos datos personales con cookies propias para gestionar el funcionamiento y la seguridad de la página y utilizamos cookies de terceros para analizar y entender cómo se utiliza este sitio web y mejorar el contenido de los servicios y sus funciones. Puede obtener más información consultando nuestra Política de Cookies, así como ajustar sus preferencias en el apartado «Ajustar Preferencias»

Resumen de privacidad

Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas y la seguridad del sitio web.

También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y entender cómo se utiliza este sitio web, con finalidad estadística, para medir las visitas a la web y la procedencia de las mismas, etc., así como para poder ofrecerle publicidad personalizada. Estas cookies se almacenarán en su navegador sólo con su consentimiento, por lo que tiene la opción de desactivar estas cookies.

Tenga en cuenta que no optar por algunas de estas cookies puede tener efectos en su experiencia de navegación. Puede obtener más información consultando nuestra Política de cookies.

Cookies técnicas y de preferencias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

CONSENT (Youtube): Utilizada para detectar si el visitante ha aceptado la categoría de marketing en el banner de cookies. Esta cookie es necesaria para que la web cumpla con el RGPD.

CONSENT (Youtube-nocookie): Utilizada para detectar si el visitante ha aceptado la categoría de marketing en el banner de cookies. Esta cookie es necesaria para que la web cumpla con el RGPD.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Cookies de analítica

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.

  • _gat_gtag_UA_15734796_1. 1 min. Se usa para limitar el porcentaje de solicitudes.
  • _ga 2 años. Se usa para distinguir a los usuarios.
  • _gid 24h. Se usa para distinguir a los usuarios.

¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!

Cookies publicitarias

.

¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!