ARELA é unha das entidades beneficiaria das axudas ao abeiro do Programa de incentivos á contratación por conta allea (TR342C) da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con fondos recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)
Programas financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade mediante a Convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades
Durante o 2026, grazas a estas axudas, poderase financiar o coste do contrato de 6 persoas, unha por cada Casa de Familia, que realizarán tarefas de acompañamento en actividades de ocio e apoio escolar como auxiliares técnicas educativas.
Tamén se mercará unha furgoneta para a Casa de Familia de Monforte de Lemos. Nesta mesma Casa de Familia acometerase unha mellora do illamento e na Casa de Familia do Barco de Valdeorras actualizaranse os baños.
Con motivo do 25N, ARELA reafirma o seu compromiso coa prevención da violencia contra as mulleres e coa promoción da igualdade como eixo fundamental da nosa labor.
A través do Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais 2025 a Deputación da Coruña colabora na actualización da cociña da Casa de Familia ARELA en Santiago de Compostela
Acaban de rematar as obras de actualización da cociña da Casa de Familia ARELA de Santiago de Compostela, realizadas coa colaboración da Deputación da Coruña. Grazas a esta colaboración, puidéronse renovar o chan, o frigorífico e o conxelador, mellorando así a confortabilidade e a eficiencia enerxética.
En ARELA hoxe e sempre mostramos o noso compromiso en seguir impulsando a igualdade de xénero e construíndo un entorno laboral máis igualitario. Isto plásmase co noso Plan de Igualdade. ♀️
Este servizo foi posto en marcha pola Asociación Arela e a Fundación Meniños. Actualmente a xestión do programa corresponde á UTE Espazos, formada por ambas as entidades. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Os Espazos de Preservación Familiar supoñen unha iniciativa innovadora na protección e promoción da infancia e a adolescencia. Ofrecen un servizo integral de apoio psicolóxico, social e educativo para nenos, nenas e adolescentes en situacións de risco leve e as súas familias.
Nestes espazos ofrécese unha atención integral flexible, totalmente adaptada a cada situación familiar, en función da natureza das dificultades e as dinámicas familiares existentes, a través de actuacións psicoterapéuticas, mellora das competencias familiares, asesoramento familiar, apoio socio-educativo e orientación e integración socio-laboral; sempre cunha visión sistémica, reforzando a toda a unidade familiar, e en formatos individuais e grupais.
Contamos cun equipo de profesionais interdisciplinares (titulados en psicoloxía, pedagoxía, educación social, traballo social, integración social e maxisterio) que están situados nas localidades da Pobra, Vilagarcía e Ferrol, sendo o seu ámbito de actuación as comarcas de Ferrolterra, O Salnés e Barbanza.
Esta iniciativa avanza desde a protección á promoción da infancia, a adolescencia e as súas familias, reforzando o “escudo” comunitario, evitando a cronificación das situacións familiares e a entrada dos nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección, asumindo que o benestar e a integración social da familia é a forma máis eficaz e sostible de protexer á infancia.
Como proxecto piloto innovador en servizos sociais, achegará rigor e evidencia científica aos programas de intervención familiar, dotándose dunha avaliación de impacto, dirixida polo grupo de investigación ESCULCA da Universidade de Santiago, que permitirá incrementar o éxito das intervencións, validar cientificamente o programa e garantir a súa posibilidade de replicabilidad e transferencia a outras áreas comunitarias.
Programas financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade mediante a Convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades
Durante o 2025, grazas a estas axudas, poderase financiar o coste do contrato de 6 persoas, unha por cada Casa de Familia, que realizarán tarefas de acompañamento en actividades de ocio e apoio escolar como auxiliares técnicas educativas.
Tamén se mercarán dúas forgonetas: unha para a Casa de Familia de Santiago de Compostela e a outra para unha das Casas de Familia de Vigo.
Dende decembro de 2024 ata decembro de 2025 desenvolverase un programa de apoio escolar para os adolescentes dos centros ARELA de Santiago de Compostela grazas á contratación dun profesor ou profesora concedido a través programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciado polo Servizo Público de Emprego do Ministerio de Emprego e Economía Social .
Recibida resolución pola cal se concede á Asociación ARELA a axuda para os costes salarias e de cotización á Seguridade Social dunha persoa traballadora solicitada segundo a Orde do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, esta entidade abre un proceso selectivo para a contratación.
Posto: Profesor ou profesora de Educación Secundaria.