Descrición

Os Centros de Atención de Día Integral son recursos a través do que se leva a cabo unha intervención educativa con nenos ou nenas e adolescentes con dificultades socio-familiares, intentando acadar os cambio precisos para normalizar a convivencia familiar.

Misión

O Servizo de Centros de Atención de Día Integral ten como misión a intervención educativa, integral e individualizada, con nenos ou nenas e adolescentes con dificultades socio-familiares, na que a través do traballo en rede con outros profesionais, dentro do seu entorno social, se acaden os cambio precisos para normalizar a convivencia familiar.

Para acadar os cambios precisos para normalizar a convivencia familiar, ademais da intervención cos nenos/as, o pilar fundamental é a intervención coas familias; xa que soamente os cambios en todo o contexto familiar van a procurar cambios substanciais que permanezan no tempo e así, se poidan eliminar e/ou minimizar os factores de risco que motivaron a medida de atención de día. Intervención que se fai a través dun Programa de Intervención Familiar

Destinatarios

Os destinatarios do Programa de Intervención Familiar son as familias dos nenos, nenas e adolescentes que se atenden directamente nos Centros de Atención de Día Integral sendo derivados polos diferentes Equipos do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, e que se atopen nalgunha destas circunstancias:

  • Familias nunha situación de risco leve ou moderada que necesite dun apoio diario ou puntual para atender as súas necesidades.
  • Familias que presenten factores de risco de desprotección que farían preciso a medio prazo o  acollemento residencial dos seus fillos, e coa medida de atención de día e a intervención familiar póidase mellorar o seu proceso de integración e normalización socio-familiar.
  • Familias que os seus fillos/as se atopen acollidos en centros de protección residenciais e que, a xuízo dos equipos respectivos, acaden uns resultados positivos no seu proceso psicolóxico, pedagóxico e sociofamiliar, que propicie o paso do réxime de internamento ó de atención de día.
  • Familias que para o coidado , atención e protección aos nenos precisan dun apoio especializado que preveña a agudización ou cronificación dos problemas, ou restaure as disfuncións familiares.

Fases da intervención

Para o desenvolvemento do Servizo de Centros de Atención de Día Integral lévanse a cabo as seguintes fases de intervención:

  • Admisión
  • Acollida e elaboración do PEI e do PIF
  • Desenvolvemento e valoración do PEI e do PIF
    • Actualización do PEI e elaboración do PIF
  • Baixa

Ónde estamos?

O Servizo de Centros de Atención de Día Integral conta cun Centro de Día en Santiago de Compostela e outro en O Barco de Valdeorras (Ourense).

Financiación

Este servizo mantense a través de diferentes contratos coa Xunta de Galicia.

Resumen de privacidad

Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas y la seguridad del sitio web.

Tenga en cuenta que no optar por algunas de estas cookies puede tener efectos en su experiencia de navegación. Puede obtener más información consultando nuestra Política de cookies.