Descrición

O Programa Ktorce18 naceu no curso 2012-2013 froito da colaboración entre a Fundación Barrié e a Asociación ARELA, co obxectivo de achegar a Lei do Menor á comunidade educativa e previr condutas de risco na adolescencia. Ao longo destes anos participaron máis de 45.000 persoas (alumnado, profesorado e familias) en preto de 1.100 obradoiros, cun alto nivel de satisfacción.

En que consiste?
O programa ofrece obradoiros preventivos dirixidos a alumnado de ESO e Formacións Profesionais Básicas, así como ao profesorado, centrados en dous eixos principais:

  • Prevención de condutas infractoras: reflexión sobre a responsabilidade penal a partir dos 14 anos, coñecemento da Lei do Menor e análise das consecuencias xurídicas de delitos frecuentes na adolescencia (acoso escolar, violencia familiar, redes sociais, delitos na rúa, etc.).
  • Prevención do acoso escolar (Bullying): dinámicas grupais para fomentar a empatía, a convivencia e a responsabilidade do grupo ante situacións de acoso, analizando casos reais e proporcionando ferramentas para detectar e frear condutas de maltrato entre iguais.

Solicitudes: ana@arela.org

 

En qué consiste?

Metodoloxía
As sesións son participativas, cun enfoque práctico e adaptado á realidade da mocidade galega. Inclúen dinámicas, vídeos, análise de sentenzas xudiciais e espazos de debate. Cada obradoiro ten unha duración de 100 minutos.

Resultados

  • Máis de 45.827 participantes entre 2012 e 2025.
  • 1.094 obradoiros realizados en centros de toda Galicia.
  • Avaliación media superior a 4 sobre 5 en satisfacción.
Resumen de privacidad

Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas y la seguridad del sitio web.

Tenga en cuenta que no optar por algunas de estas cookies puede tener efectos en su experiencia de navegación. Puede obtener más información consultando nuestra Política de cookies.