A nosa misión
A Asociación ARELA ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social, fomentando iniciativas de intervención e prevención nestas situacións, de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.
Os nosos valores
Iniciativas
Fomento de iniciativas que se adapten ás novas necesidades detectadas.
Ausencia de prexuízos
Respecto e Confianza
Respecto e confianza permanente nas posibilidades e potencialidades dos nenos e nenas, adolescentes e mozos.
Profesionalidade
Calidade e transparencia
Implicación
Concienciación
Quen somos?
ARELA está constituída por 39 socios e socias, na súa maior parte persoal traballador da entidade. A Xunta Directiva é o órgano de representación das persoas socias, contando ademais cun Equipo Directivo que se encarga da xestión diaria da entidade.
Xunta directiva
Equipo directivo
- PRESIDENTA: Sonia López Fernández.
- TESOUREIRO: Patricia Varela Guntín.
- SECRETARIA: Lorena Gil Cobo
- VOGAL: Carlos Fernández Pedrós
- VOGAL: María Carmen Borrajo Díaz
- DIRECTOR: Julio Barreiro González. juliobarreiro@arela.org
- COORDINADORA ÁREA DE PROTECCIÓN: Iria Fernandez Méndez. iria@arela.org
- COORDINADORA ÁREA DE CONFLITO SOCIAL: Ana Pérez Figueroa. ana@arela.org
- RESPONSABLE DE XESTIÓN: María Marcote Márquez. mariamarcote@arela.org
A nosa historia
ARELA Iniciativas de Apoio á Infancia nace en xaneiro de 1998 e conta no seu seo cun grupo de profesionais provenientes doutras asociacións que traballan coa infancia en Galicia, polo que se trata dun equipo de traballo de contrastada experiencia (psicólogos, pedagogos, educadores e traballadores sociais…)
Como se recolle nos estatutos, a asociación ten como fin traballar para o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.
No momento do seu nacemento, contaba con sete casas de familia repartidas pola xeografía galega. E a partir dese momento, se apostou pola creación de todos aqueles recursos que responden a novas necesidades detectadas:
En febreiro do 2003 ábrese en Roxos (Santiago de Compostela) -en convenio coa Consellería de Familia da Xunta de Galicia- un centro de internamento en réxime semiaberto para a execución de medidas xudiciais por parte de persoas menores de idade. En xuño do 2003, ao non poder alcanzar as cotas de calidade mínimas que esta asociación entende como indispensábeis e ao non poder a consellería ofrecer máis recursos, deixamos a dirección do centro.
En outubro do 2004 a asociación abre en Pontevedra un novo centro de día -ao amparo da Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor-, recurso encamiñado ao cumprimento de medidas xudiciais en medio aberto que atenda a cidade de Pontevedra e a zona norte da provincia.
A finais do ano 2009 ARELA pon en marcha o Programa de Prevención de Condutas Infractoras a través do que pretende achegar a Lei 5/2000 de Responsabilidade Penal dos menores aos seus destinatarios a través de charlas en Institutos e colexios de toda Galicia. A partir do 2012 o programa pasa a chamarse Ktorce-18 e desenvolvese xunto a Fundación Barrié. Dende o 2012 ata o 2019, pasaron polo programa máis de 35.000 participantes.
En 2014 ARELA incorpórase á EAPN-Galicia, Rede Galega contra a Pobreza, para sumar forzas na loitar contra a desigualdade e a prevención da exclusión social.
No 2016 ARELA ARELA empezou a coordinar as redes programa CaixaProinfancia das cidades de Vigo (barrio Rivera Atienza – Calvario) e Compostela (barrio de Fontiñas).
No 2017 ARELA presenta o programa CONVIVE.COMigo ante a Consellería de Política Social e inicia nese ano o programa como unha experiencia piloto na provincia de A Coruña. Dende o 2020 estase a levar a cabo na provincia de Pontevedra.
No 2018 ARELA forma parte como entidade fundacional da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.
No 2020 ARELA asina un convenio coa Fundación “La Caixa” para exercer como Entidade Coordinadora Territorial e colaborar na óptima implantación, implementación e arraigo do programa CaixaProinfancia en Galicia, Cantabria e Asturias.
Dende o 2022 estamos a coordinar xunto coa Fundación Meniños coa financiación da Xunta de Galicia 2 espazos de preservación familiar nas comarcas do Barbanza e na do Salnés
xuño 2024
Dende xuño de 2024 estamos a xestionar o programa de preservación familiar en Barbanza, Salnés e Ferrolterra, a través da constitución dunha UTE coa Fundación Meniños. "UTE Espazos"