Descrición

Son pisos ou vivendas unifamiliares nas que conviven, en atención residencial, 8 nenos, nenas, adolescentes, mozos ou mozas con 7 ou 8 educadoras e educadores.

Son un fogar de paso mentres se traballa coas familias para superar as situacións que provocaron a saída do neno, nena, adolescente e/ou mozo, ou ben, se isto non é posible, se traballa para a consecución dun recurso familiar alternativo (acollemento ou adopción) ou vida autónoma.

Misión

O Servizo de Casas de Familia ten como misión a integración familiar e social dos nenos, nenas e adolescentes en desprotección familiar mediante unha intervención educativa, integral e individualizada; enmarcada nun clima acolledor, de afecto e respecto; traballando en rede cos axentes sociais implicados.

Hai dous elementos transversais que caracterizan este Servizo: por unha banda procúrase un ambiente acolledor, no que se respire un clima de afecto, respecto e normalidade; e por outra, trabállase dende o primeiro día para a integración de cada neno, nena ou adolescente en familia.

Destinatarios

Nenas, nenos e/ou adolescentes con idades comprendidas entre os 0 e os 18 anos que, a causa dunha situación de desamparo, estean baixo a tutela da Administración ou se asuma temporalmente a súa garda.

Veñen derivados polos profesionais Servizos de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia.

Excepcionalmente e previo acordo entre a persoa atendida e o correspondente Equipo Técnico do Menor, poderán continuar na Casa de Familia, dentro dun programa de desinstitucionalización, os mozos e mozas maiores de 18 anos que, con anterioridade á súa maioría de idade, estiveran xa a residir na mesma.

Fases de intervención

Para o desenvolvemento do Servizo de Casas de Familia lévanse a cabo as seguintes fases de intervención:

  • Admisión
  • Acollida e desenvolvemento do PEI.
  • Desenvolvemento e valoración do PEI
    • Actualización do PEI
  • Baixa

Ónde estamos?

O Servizo de Casas de Familia da cobertura ás 4 provincias galegas a través das seis Casas coas que conta a Asociación na actualidade e que se distribúen xeograficamente do seguinte xeito:

  • PONTEVEDRA: 2 Casas de Familia en Vigo.
  • A CORUÑA: 1 Casa de Familia en Santiago de Compostela.
  • LUGO: 1 Casa de Familia en Monforte de Lemos.
  • OURENSE: 1 Casa de Familia en Allariz e outra en O Barco de Valdeorras.

Financiación

Este servizo mantense a través de diferentes contratos coa Xunta de Galicia.

Resumen de privacidad

Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas y la seguridad del sitio web.

Tenga en cuenta que no optar por algunas de estas cookies puede tener efectos en su experiencia de navegación. Puede obtener más información consultando nuestra Política de cookies.