Qué se busca?

Familias e persoas con alta sensibilidade

Buscamos familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.

Ambiente socializador e positivo

Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/as adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.

Qué requisitos?

Partimos duns requisitos mínimos como ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de parentalidade…
Valoramos positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico…

Qué ofrecemos?

Máis información

  • Formación grupal e individual, e asesoramento.
  • Acompañamento de profesionais.
  • Financiamento durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou a persoa.
Resumen de privacidad

Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas y la seguridad del sitio web.

Tenga en cuenta que no optar por algunas de estas cookies puede tener efectos en su experiencia de navegación. Puede obtener más información consultando nuestra Política de cookies.