Traballamos para que @s nen@s sexan solo nen@s

A través do programa CaixaProinfancia loitamos contra a pobreza infantil en diferentes localidades galegas, neste caso a través do traballo que fai a Asociación ARELA coma entidade coordinadora nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela . Este programa está desenvolvido pola Obra Social “La Caixa”.

Qué facemos?

Favorecer

Favorecer o desenvolvemento das competencias dos nenos e adolescentes e as súas familias que permitan mellorar os seus procesos de integración social e autonomía.

Promover

Promover o desenvolvemento social e educativo da infancia e adolescencia no seu contexto familiar, escolar e social.

Desenvolver

Desenvolver e implementar un modelo de acción social e educativa integral que contribúa a mellorar as oportunidades de desenvolvemento social e educativo da infancia e as súas familias.

Contribuír

Contribuír a sensibilizar e mobilizar á sociedade na erradicación da pobreza infantil.

Coa colaboración de

Máis de 400 entidades sociais que traballan en rede e que se encargan de atender de forma directa ás familias, priorizar as axudas e facer un seguimiento de cada caso. No caso das ciudades de Vigo e Santiago, dentro da rede de entidades colaboradoras cóntase co traballo da Asociación Xuvenil Abertal, Escola De Tempo Libre E Animación Sociocultural Don Bosco, Fundación Secretariado Xitano,Fundación Aldaba, Fundación Meniños, Abeiro, Igaxes3.

A quén se dirixe?

A familias con nenos/nenas e adolescentes de entre 0 e 18 anos en situación de pobreza e exclusión social.

Cómo axudamos?

Impulsamos o desenvolvemento dos máis pequenos para garantirlles referentes sólidos para o seu futuro e un nivel de benestar óptimo que favoreza o seu crecemento e a súa formación, a través dunha serie múltiples actuacións dentro de cada unha destes servizos :

Servizos

Dende 2020

  • Atención psicoterapéutica
  • Reforzo educativo a través de diferentes modalidades.
  • Educación non formal e tempo de lecer.
  • Apoio Educativo Familiar.
  • Carteira de bens:
    •  Alimentación e hixiene infantil
    • Lentes e audiófonos
    •  Equipamento escolar

Dende o 2020 ARELA asinou un convenio de colaboración coa Fundación “La Caixa” para facer unha coordinación territorial deste programa e conseguir así unha óptima implantación e raíces do programa en Galicia, Cantabria e Asturias, en termos de eficiencia e eficacia, e especialmente garantindo:

  • Coordinación e traballo en rede entre axentes públicos e privados que traballan con nenos e as súas familias en cada territorio.

  • Atención integral a familias e menores.

  • A calidade da intervención coas familias.

  • A optimización dos recursos dun territorio.

Dende o ano 2023, ARELA asumiu directamente a coordinación do programa en Galicia e Asturias, reforzando o seu compromiso coa implantación adaptada á realidade de ambos os territorios e co fortalecemento da rede local de intervención socioeducativa.

Resumen de privacidad

Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas y la seguridad del sitio web.

Tenga en cuenta que no optar por algunas de estas cookies puede tener efectos en su experiencia de navegación. Puede obtener más información consultando nuestra Política de cookies.