Categoría: Arela

Arela

Comunicado de Arela no 8 M, Día Internacional da Muller

“Só a lembranza de onde veño, me axuda a saber cara onde vou”. (Rosalía de Castro)

No día a día atopamos conversas e frases con certo cheiro a alcanfor patriarcal nas bocas dos nenos, nenas e adolescentes; tamén, como non, nas persoas adultas … nas familias, en profesionais da nosa rede de traballo e, incluso, en nós mesmas. Mensaxes que teñen que ver coa aceptación de ideas que perpetúan a desigualdade xeración tras xeración; a miúdo, tendemos a educar no cumprimento das normas, escritas e non escritas, afastándoas da reflexión, análise ou incluso esquecemos cuestionarmos as mesmas… de aí a necesidade de xerar pensamento crítico.

Dicía Audre Lorde, activista estadounidense, “non serei unha muller libre mentres sigan existindo mulleres sometidas”. E, dende Arela, en base ao noso compromiso coa xustiza social, compartimos esta preocupación e incorporámola na nosa práctica diaria ao ter presente a educación en igualdade como un pilar da nosa filosofía de traballo. Dise que estamos a vivir a 4º onda feminista e iso converte o 8 de marzo nun día no que celebrar esta loita, con esta reivindicación, máis forte e con máis decisión ca nunca.

Para isto, precisamos dunha unión de forzas, como rede e sociedade que nos une, partindo da sororidade como enerxía que nos impulsa e nos axuda a xuntar as nosas voces nas mesmas mensaxes: querémonos libres, querémonos vivas. Este ano, ademais, dándolle visibilidade aos coidados, porque sen eles, non hai vida.

Aínda queda moito camiño por desfacer para avanzar, moito por cuestionarmos para poder, coas lentes da sororidade: aprender a traballar en equipo, aceptando as diferenzas e a diversidade, non como motivos para distanciarnos, senón para aprendermos unhas das outra e avanzar en comunidade.

Dende Arela queremos sumar a nosa voz ao conxunto do feminismo galego: sen coidados, non hai vida; sen coidados, a vida é violenta. E porque na esencia do traballo en Arela non pode faltar a loita por facer dos coidados unha responsabilidade compartida.

Arela

Concesión de subvención para a contratación de catro persoas mozas por parte da Xunta de Galicia

A Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia ditou resolución pola que se outorga unha subvención a Asociación ARELA equivalente aos custos totais resultantes da contratación de 4 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “Intervención educativa integral e individualizada”.

A Secretaria Xeral de Emprego en data 01/10/2019 ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, polo importe de 56316.4 euros á Asociación ARELA, equivalente aos custos salariais das persoas traballadoras contratadas, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultantes da contratación de 4 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “Intervención eductiva integral e individualizada”.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Estas persoas, que xa foron contratadas, desenvolveran este servizo nas Casas de Familia ARELA de Bembrive e Atlántida de Vigo, na Casa de Familia ARELA de Monforte de Lemos e na Casa de Familia ARELA Conxo en Santiago de Compostela. O seu obxectivo é mellor a atención que se dá ás nenas, nenos e adolescentes residentes nestas Casas de Familia, garantindo atención individualiza, especialmente nos momentos de ocio e no que se refire ao reforzo educativo e apoio escolar.

  • O seu obxectivo é mellorar a atención que se dá ás nenas, nenos e adolescentes residentes nestas Casas de Familia, garantindo atención individualiza, especialmente nos momentos de ocio e no que se refire ao reforzo educativo e apoio escolar.
  • Á vez que se mellora a atención do servizo, estas persoas traballadoras mozas amplían a súa capacitación e adquiren experiencia para poder progresando laboralmente dentro deste sector.

Indicadores de éxito do programa serán:

  • Que o 90% dos nenos, nenas e adolescentes participen nunha actividade de ocio da súa elección.
  • Que, segundo a valoración do Equipo Educativo, no 75% dos casos se perciba unha mellora no rendemento académico.
  • E no caso das persoas traballadoras, que ao final do contrato teñan mellorado a súa capacitación para o desempeño deste posto de traballo.