Contratación a través dos Programas de Cooperación.
Dende decembro de 2024 ata decembro de 2025 desenvolverase un programa de apoio escolar para os adolescentes dos centros ARELA de Santiago de Compostela grazas á contratación dun profesor ou profesora concedido a través programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciado polo Servizo Público de Emprego do Ministerio de Emprego e Economía Social .
Recibida resolución pola cal se concede á Asociación ARELA a axuda para os costes salarias e de cotización á Seguridade Social dunha persoa traballadora solicitada segundo a Orde do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se
procede á súa convocatoria para o ano 2024, esta entidade abre un proceso selectivo para a contratación.
Posto: Profesor ou profesora de Educación Secundaria.
Características do contrato:
-
- Temporal. 12 meses.
-
- Xornada: 75%
-
- Inicio: data tope 10 de decembro de 2024
-
- Envio de CV a través do seguinte enlace (indicando en posto “Profesor/a Compostela”): https://arela.org/traballa-con-nos/
- Para máis información: Oferta de emprego