Categoría: Arela

Arela

Subvención Deputación da Coruña 2023

Durante o 2023 a Deputación da Coruña está colaborando con ARELA a través da súa liña de axudas para programas en materia de servizos sociais.

Un ano máis, durante o 2023, contamos coa colaboración da Deputación da Coruña a través da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais, financiando parte do Programa de Atención Individualizada para nenas, nenos e adolescentes residentes na Casa de Familia ARELA. Grazas a esta a axuda, na Casa de Familia de Compostela, contratouse a unha auxiliar técnica educativa para garantir unha atención individualizada de calidade aos nenos, nenas e adolescentes que alí residen.

O importe concedido para tal fin foron 2.600,65€ (un 34,28% do orzamento total do programa).

                                                              

Arela

Axudas Deputación da Coruña 2022

Durante o 2022 a Deputación da Coruña colaborou con ARELA a través das súas liñas de axudas para investimentos e programas

Un ano máis, durante o 2022, contamos coa colaboración da Deputación da Coruña a través de dúas liñas de axudas:

– Por un lado, a través das axudas ao investimento, participou no finanzamento do traslado do Centro de Atención de Día de Compostela a un novo local accesible.

– E, a través da convocatoria de programas, na Casa de Familia de Compostela, da contratación dunha auxiliar técnica educativa na Casa de Familia ARELA de Santiago para garantir unha atención individualizada de calidade aos nenos, nenas e adolescentes que alí residen.

Arela

Proxecto FAIN

Proxecto FAIN

Proxecto FAIN, PROXECTO PILOTO DE ABORDAXE DA A POBREZA INFANTIL, do Real Decreto 938/2021, de 26 de outubro, polo que se regula a concesión directa de subvencións do “Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones” no ámbito da inclusión social, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – financiado polaa Unión Europea a través dos fondos Nextgeneration EU-.

O obxectivo de “FAIN” é ofrecer servizos e apoios adaptados ás necesidades das familias perceptoras de RISGA ou IMV e outras familias con necesidades similares. Ademais pretende extraer aprendizaxes para mellorar a calidade de vida das persoas.

O proxecto levará a cabo a través dunha oferta integral de servizos e apoios económicos personalizados en tres dimensións: apoio social, apoio educativo, e apoio para a formación e o emprego, cunha duración máxima de 12 meses.

O proxecto, financiado polos fondos Next Generation EU, está dirixido a familias con nenos, nenas e adolescentes ata 18 anos que perciben o Ingreso Mínimo Vital ou a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e tamén a outras familias en situación de vulnerabilidade nalgunhas zonas rurais de Galicia.

ARELA leva a cabo esta intervención en Vigo e Compostela dende o mes de outubro de 2022.

INFORMACIÓN VIGO              INFORMACIÓN COMPOSTELA

Arela

Exposición “A violencia sexual na xuventude”

O CIEMA ARELA de Pontevedra, no seu Equipamento en Vigo, dispuxo esta semana da exposición A VIOLENCIA SEXUAL NA XUVENTUDE.

Esta exposición foi cedida pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, no marco  do convenio de colaboración que o Concello ten co Instituto da Muller para desenvolver o Programa IRENE (programa de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade) nesta nosa cidade.

Aproveitando a exposición levouse a cabo unha actividade con mozos do Centro. Consistiu nunha xincana onde, tras darlles unha serie de preguntas, tiñan que buscar a respostas entre a información dos carteis. Unha vez contestadas as preguntas, puxéronse en común e debateuse sobre o contido dos diferentes carteis (10 en total). 

                                               

                                             

 

 

 

Arela

Día Internacional da Infancia

20 Novembro 2021

Arela

ARELA entre as entidades seleccionadas no Programa Social 2022 da Fundación Iberdrola

A Fundación Iberdrola España axudará a financiar ao longo de 2022 o programa “Apoio escolar nos Centros de Atención de Día ARELA”.

Grazas a esta colaboración, os dous Centros de Atención de día Integral de ARELA (O Barco de Valdeorras e Santiago de Compostela” contarán cun mestre ou mestra que aportará un reforzo de escolar adaptado ás necesidades de cada quen en coordinación cos centros escolar. 

A Fundación Iberdrola España, na súa área de actividades, busca forxar alianzas con entidades sociais para proxectos orientados á loita contra o pobreza infantil e a inclusión educativa social na infancia e a adolescencia máis vulnerable.

O obxectivo común da alianza Fundación Iberdrola España e Asociación ARELA, é ofrecer a estes colectivos recursos que favorezan o seu desenvolvemento persoal e social, desde unha intervención pedagóxica mediante actividades de lecer e tempo libre, e apoio e reforzo no seu rendemento escolar, mediante a axuda doutros axentes sociais que interveñen na vida destes nenos, nenas e adolescentes.

A educación como motor principal do desenvolvemento humano ocupa un lugar fundamental na Axenda 2030 de Nacións Unidas, que promove os dereitos da infancia e supón unha oportunidade para protexer a todos os mozos baixo consígnaa: “non deixar a ninguén atrás”.

Para a alianza, ARELA – Fundación Iberdrola España, garantir o benestar da infancia é un compromiso ao que se suma a responsabilidade de protexer aos nenos, nenas e adolescentes máis vulnerables dende unha perspectiva local e global.

Desde a Asociación Arela agradecemos á Fundación Iberdrola España a continuidade da súa colaboración durante o 2022.

Arela

Convenio de Arela coa Fundación Iberdrola España

A Fundación Iberdrola España axudará a financiar ao longo de 2021 o programa “Atención individualizada para nenos, nenas e adolescentes residentes nas Casas de Familia de ARELA de Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras”.

Grazas a esta colaboración, estes dous centros contarán con máis persoal que facilitará a intervención en labores de apoio escolar, reforzo educativo e acompañamento nas actividades de lecer. ARELA busca fomentar a máxima adaptación da súa intervención educativa nas Casas de Familia para poder atender as necesidades de cada un dos residentes.

A Fundación Iberdrola España, na súa área de actividades, busca forxar alianzas con entidades sociais para proxectos orientados á loita contra o pobreza infantil e a inclusión educativa social na infancia e a adolescencia máis vulnerable.

O obxectivo común da alianza Fundación Iberdrola España e Asociación ARELA, é ofrecer a estes colectivos recursos que favorezan o seu desenvolvemento persoal e social, desde unha intervención pedagóxica mediante actividades de lecer e tempo libre, e apoio e reforzo no seu rendemento escolar, mediante a axuda doutros axentes sociais que interveñen na vida destes menores e novos.

A educación como motor principal do desenvolvemento humano ocupa un lugar fundamental na Axenda 2030 de Nacións Unidas, que promove os dereitos da infancia e supón unha oportunidade para protexer a todos os mozos baixo consígnaa: “non deixar a ninguén atrás”.

Para a alianza, ARELA – Fundación Iberdrola España, garantir o benestar da infancia é un compromiso ao que se suma a responsabilidade de protexer aos nenos, nenas e adolescentes máis vulnerables desde unha perspectiva local e global.

Desde a Asociación Arela agradecemos á Fundación Iberdrola España a súa colaboración durante todo este 2021.

Arela

Melloramos as nosas instalacións

Grazas ás axudas da Xunta de Galicia para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Acometemos actuacións en 6 dos nosos centros grazas ás axudas da Xunta de Galicia para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020).

A través destas axudas melloramos a confortabilidade de Casas de Familia e Centros de Atención de Día Integral para garantir un espazo cálido e seguro para nenos, nenas e adolescentes. Ademáis melloramos a eficiencia enerxética dos mesmos para contribuír ao coidado do planeta.

Estas accións son:

  • Casa de Familia de O Barco:
    • Habilitación da terraza como espazo de ocio.
    • Cambios na distribución de mobiliario para ampliar a zona de comedor.
    • Lavadora eficiente enerxéticamente.
    • Materiais didacticos Montessori.
  • Casa de Familia Atlántida de Vigo:
    • Actualización de 2 dormitorios.
    • Actualización do salón, incluíndo equipos de imaxe e son, e materiais didácticos.
    • Mellora de 3 baños, facéndoos máis accesibles: retirada dun vidé para gañar amplitude, cambio de bañera por ducha de plato e mellora dunha mampara.
  • Casa de Familia de Santiago:
    • Mesa de comedor ampla e extensible, con cadeiras e bancos, para poder adaptar o espazo aos nenos, nenas e adolescentes que nela residan en cada momento.
    • Instalación de lámpadas eficientes (menor consumo e máis luminosidade) para toda a vivenda.
    • Crear un espazo vestidor-calzado na planta baixa (para evitar que os nenos, nenas e adolescentes teñan que subir ao seu dormitorio cada vez que entran ou saen da Casa de Familia)
    • Actualización da ludoteca: proxector e pantalla, futbolín, pufs, mesa de luz e de area.
    • Impresora para uso dos e das adolescentes.
  • Casa de Familia de Allariz:
    • Cambio de fiestras para aumentar o illamento térmico.
    • Actualización de dous dormitorios.
    • Zona de reunión con mesa e cadeiras.
    • Secadora eficiente.
    • Biblioteca feminista.
  • Centro de Atención de Día Integral de Santiago:
    • Lámpadas eficientes de baixo consumo.
    • Actualización salón, incluíndo mobiliario, pantalla para proxeccións, material e xogos didácticos.
  • Centro de Atención de Día Integral do Barco de Valdeorras:
    • Electrodomésticos: lavadora e neveira eficientes e Smart TV.
    • Mesas e material didáctico para apoio escolar.
    • Estores para a zona do salón e cociña.
    • Leds para aforro enerxético
    • Espazos de almacenaxe na zona dos baños.
Arela

MEMORIA ACTIVIDADES 2019

Un ano mais ARELA fai pública a súa memoria de actividades correspondente ao ano 2019, na que resumimos o traballo desenvolto. A memoria describe os principais datos do periodo. Non seguinte enlace podedes descargar a Memoria 2019

Arela

Comunicado de Arela no 8 M, Día Internacional da Muller

“Só a lembranza de onde veño, me axuda a saber cara onde vou”. (Rosalía de Castro)

No día a día atopamos conversas e frases con certo cheiro a alcanfor patriarcal nas bocas dos nenos, nenas e adolescentes; tamén, como non, nas persoas adultas … nas familias, en profesionais da nosa rede de traballo e, incluso, en nós mesmas. Mensaxes que teñen que ver coa aceptación de ideas que perpetúan a desigualdade xeración tras xeración; a miúdo, tendemos a educar no cumprimento das normas, escritas e non escritas, afastándoas da reflexión, análise ou incluso esquecemos cuestionarmos as mesmas… de aí a necesidade de xerar pensamento crítico.

Dicía Audre Lorde, activista estadounidense, “non serei unha muller libre mentres sigan existindo mulleres sometidas”. E, dende Arela, en base ao noso compromiso coa xustiza social, compartimos esta preocupación e incorporámola na nosa práctica diaria ao ter presente a educación en igualdade como un pilar da nosa filosofía de traballo. Dise que estamos a vivir a 4º onda feminista e iso converte o 8 de marzo nun día no que celebrar esta loita, con esta reivindicación, máis forte e con máis decisión ca nunca.

Para isto, precisamos dunha unión de forzas, como rede e sociedade que nos une, partindo da sororidade como enerxía que nos impulsa e nos axuda a xuntar as nosas voces nas mesmas mensaxes: querémonos libres, querémonos vivas. Este ano, ademais, dándolle visibilidade aos coidados, porque sen eles, non hai vida.

Aínda queda moito camiño por desfacer para avanzar, moito por cuestionarmos para poder, coas lentes da sororidade: aprender a traballar en equipo, aceptando as diferenzas e a diversidade, non como motivos para distanciarnos, senón para aprendermos unhas das outra e avanzar en comunidade.

Dende Arela queremos sumar a nosa voz ao conxunto do feminismo galego: sen coidados, non hai vida; sen coidados, a vida é violenta. E porque na esencia do traballo en Arela non pode faltar a loita por facer dos coidados unha responsabilidade compartida.