A Deputación da Coruña colabora na actualización da cociña da Casa de Familia ARELA en Santiago de Compostela
A través do Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais 2025 a Deputación da Coruña colabora na actualización da cociña da Casa de Familia ARELA en Santiago de Compostela
Acaban de rematar as obras de actualización da cociña da Casa de Familia ARELA de Santiago de Compostela, realizadas coa colaboración da Deputación da Coruña. Grazas a esta colaboración, puidéronse renovar o chan, o frigorífico e o conxelador, mellorando así a confortabilidade e a eficiencia enerxética.


