Podes colaborar cos nosos proxectos a través dunha contribución económica
20/01/2021
LA FUNDACIÓN IBERDROLA ESPAÑA Y LA ASOCIACIÓN ARELA FIRMAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA EL AÑO 202120/01/2021
A FUNDACIÓN IBERDROLA ESPAÑA E A ASOCIACIÓN ARELA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O ANO 202114/10/2020
Melloramos as nosas instalacións grazas ás axudas da Xunta de Galicia para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.O Servizo de Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) teñen como obxectivo a reinserción social dos menores que cometeron algún delito, ofrecéndolles alternativas de futuro que eviten a reincidencia. Fundaméntase na Lei Penal 5/2000 de responsabilidade penal do menor. Intervén de maneira global nas causas de inadaptación, considerando o menor de forma integral e tentando o seu desenvolvemento no seu propio medio sociocultural, de xeito que a intervención alcance todos os ámbitos da súa vida: familia, amigos, escola, saúde, recursos comunitarios, traballo, formación…
O Servizo dos CIEMA pertence á área de intervención en medio aberto, abranguendo a execución de medidas xudiciais desde unha perspectiva educativa; ditas medidas son:
Os CIEMA teñen como misión a execución de medidas xudiciais en réxime aberto para adolescentes e mozos en conflito social, baixo unha marcada vertente educativa e pretende alcanzar como obxectivos fundamentais a non reincidencia, a responsabilidade e a autonomía persoal, así como a promoción de pautas para un aprendizaxe significativo e contando coa cooperación de todos os axentes sociais e a familia.
A lei 5/2000 aplícase ás persoas maiores de 14 anos e menores de 18 anos pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal Vixente.
Menores ou mozos que residan na Provincia de Pontevedra e que veñan derivados polo Equipo de Medio Aberto da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Política Social.
Para o desenvolvemento do Servizo lévanse a cabo as seguintes fases de intervención:
ARELA conta na actualidade con un servizo de CIEMA, con un equipamento en Vigo e outro en Pontevedra.
Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor
Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos
Síguenos en...