Podes colaborar cos nosos proxectos a través dunha contribución económica
20/01/2021
LA FUNDACIÓN IBERDROLA ESPAÑA Y LA ASOCIACIÓN ARELA FIRMAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA EL AÑO 202120/01/2021
A FUNDACIÓN IBERDROLA ESPAÑA E A ASOCIACIÓN ARELA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O ANO 202114/10/2020
Melloramos as nosas instalacións grazas ás axudas da Xunta de Galicia para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.Son pisos ou vivendas unifamiliares nas que conviven, en atención residencial, 8 nenos, nenas, adolescentes e mozos con 4 educadoras e educadores. Son un recurso de paso mentres se traballa coas familias para superar as situacións que provocaron a saída do neno, nena, adolescente e/ou mozo, ou ben, se isto non é posible, se traballa para a consecución dun recurso familiar alternativo (acollemento ou adopción).
O servizo de casas de familia ten como misión crear un clima acolledor de afecto e respecto aos nenos, nenas e adolescentes, acompañándoos durante todo o seu proceso neste programa para que alcancen, canto antes, o seu dereito a vivir nunha familia de forma estábel e segura.
Nenas, nenos e/ou adolescentes con idades comprendidas entre os 0 e os 18 anos que, a causa dunha situación de desamparo, estean baixo a tutela da Administración ou se asuma temporalmente a súa garda.
Os usuarios do Servizo de Casas de Familia veñen derivados polos profesionais dos Servizos de Menores das delegacións provinciais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Excepcionalmente e previo acordo entre a persoa atendida e o correspondente Equipo Técnico do Menor, poderán continuar na Casa de Familia, dentro dun programa de desinstitucionalización, os mozos e mozas maiores de 18 anos que, con anterioridade á súa maioría de idade, estiveran xa a residir na mesma.
Para o desenvolvemento do Servizo de Casas de Familia lévanse a cabo as seguintes fases de intervención.
O Servizo de Casas de Familia da cobertura ás 4 provincias galegas a través das seis Casas coas que conta a Asociación na actualidade e que se distribúen xeográficamente do seguinte xeito:
Para o financiamento do Servizo de Casas de Familia a Asociación ARELA ten asinados coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 6 Contratos de xestión de servizos públicos para o acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia (Número de expediente 133/2007)
Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor
Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos
Síguenos en...