28 de diciembre de 2021
Axudas Deputación da Coruña 2021
Durante o 2021 a Deputación da Coruña colaborou con ARELA a través das súas liñas de axudas para investimentos e programas
Un ano máis, neste 2021 que despedimos, contamos coa colaboración da Deputación da Coruña a través de dúas liñas de axudas:
– Por un lado, a través das axudas ao mantemento de servizos e programas, participou no finanzamento da contratación dun auxiliar técnico educativo na Casa de Familia ARELA de Santiago para garantir unha atención individualizada de calidade aos nenos, nenas e adolescentes que alí residen.
– E na mesma Casa de Familia, a través das axudas para investimento, colaborou na mellora da confortabilidade a través da compra dunha nova caldeira eficiente e un dormitorio xuvenil.