Podes colaborar cos nosos proxectos a través dunha contribución económica
04/11/2019
Concesión de subvención para a contratación de catro persoas mozas por parte da Xunta de Galicia28/10/2019
Acto de peche do 20 aniversario da Asociación ARELA26/08/2019
"A educación afectivo sexual como ferramenta de prevención do abuso sexual infantil". Conferencia de Pepa Hornos en Vigo#GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións. O obxectivo é dedicar un día en todo o mundo, o día 29 de novembro, a celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, cartos, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc.
Unha oportunidade para compartir a nosa xenerosidade coas persoas que nos rodean e para demostrar que o ser humano axúdase por encima de todas as condicións. Unha oportunidade para sentir a inigualable sensación de dar.
PROPOSTA DE ARELA PARA #GIVINGTUESDAY 2016
Os centros de ARELA son espazos abertos á contorna que lles rodea, pois consideramos fundamental para a integración social dos nenos, nenas e adolescentes poder participar das actividades do seu colexio ou do seu barrio, poder realizar excursións e coñecer lugares novos, e tamén poder reunirnos coa súa familia nas súas propias casas. É por isto que dispoñer dun vehículo é fundamental para o noso traballo, e o mellor é que teña 9 prazas para que poidan gozar das excursións todos e todas eles e elas.
Na comarca de Valdeorras (provincia de Ourense) temos unha furgoneta á que lle quedan poucos servizos por dar, necesitamos substituirla urgentemente. E nesta zona é especialmente necesaria pois atendemos a nenos, nenas e adolescentes que viven en localidades que non están comunicadas entre si por transporte público; non só a necesitamos para as actividades de lecer, senón tamén para trasladar aos máis pequenos ao cole cada mañá e para acompañalos á súa casa pola tarde.
Así, ARELA lanza o Proxecto "Movémonos" co fin conseguir unha cantidade de 2.000€ que faga máis asumible o financiamento deste vehículo.
Durante os meses de novembro e decembro queremos que este proxecto chegue a moitas persoas, e que dalgunha forma con moitas pequenas achegas consigamos o obxectivo marcado.
Polo tanto, MÓVESTE CON NOS? COLABORAS? a través deste enlace podes acceder a facer a colaboración.
Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor
Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos
Síguenos en...