Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Abril 2019
D L M X J V S
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4

Manifesto elaborado por Manuel Esteban con motivo do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas.

OS RESCATADORES DE SORRISOS (novembro 2016)


Cando nacemos a lotería da vida reparte números á toa, sen reparar demasiado no boleto que lle entrega a cadaquén.

O primeiro día todos nacemos co mesmo pulo: o de chorar na procura de alimento, calor e compañía. A partires de ese momento a cousa empeza a se complicar. Hai nenos con boleto gañador que crecen como boliños doces, desexados e ledos, rebuldeiros e exploradores, seducidos pola maxia da vida, aguilloados co impulso irrefreable da curiosidade; outros, en troques, nin a “pedrea” teñen, e topan coa vida silandeiros e serios, como estrañados de tanta loucura, mudas testemuñas da laceira humana; estes nenos crecen acubillados e medrosos, cargados de débedas anticipadas ou herdos imposibles sobre os seus pequenos ombreiros.

Unha das cousas máis difíciles na vida é quitarlle o sorriso a un neno. Precísase moito esforzo, moito empeño e unha auténtica morea de odio e soidade para conseguir que un neno deixe de rir. Debe existir en algures un sitio estraño e poeirento onde van parar todos os sorrisos perdidos. Pero hai outra cousa que aínda é moito máis difícil: devolverllo. E só uns poucos heroes son capaces de ir na procura deses sorrisos para entregarllos de volta aos seus lexítimos donos. Heroes anónimos e afoutos que non son quen de mirar para outro lado cando  escoitan o silencio triste dun cativo.

Equivócase quen pense que os nenos queren xoguetes: o que queren e alguén con quen xogar; os nenos non queren balóns, senón un equipo do que sentirse parte; non desexan moitos libros, basta con que lles conten un conto. Ese é o segredo que esquecemos cando medramos. Esa é a raíz na que agrelamos. A cerna que nos fai fortes e felices.

Hoxe e o día dos Dereitos da Infancia. Hoxe é o día no que reivindicamos o dereito de todos os nenos e nenas a crecer a carón de quen os ame e os respecte. Hoxe é o día no que lembramos a necesidade de baixar a sotos escuros a rescatar sorrisos.
 

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago