Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Agosto 2020
D L M X J V S
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Comunicado de Arela no 8 M, Día Internacional da Muller

“Só a lembranza de onde veño, me axuda a saber cara onde vou”. (Rosalía de Castro)

No día a día atopamos conversas e frases con certo cheiro a alcanfor patriarcal nas bocas dos nenos, nenas e adolescentes; tamén, como non, nas persoas adultas ... nas familias, en profesionais da nosa rede de traballo e, incluso, en nós mesmas. Mensaxes que teñen que ver coa aceptación de ideas que perpetúan a desigualdade xeración tras xeración; a miúdo, tendemos a educar no cumprimento das normas, escritas e non escritas, afastándoas da reflexión, análise ou incluso esquecemos cuestionarmos as mesmas... de aí a necesidade de xerar pensamento crítico.

Dicía Audre Lorde, activista estadounidense, "non serei unha muller libre mentres sigan existindo mulleres sometidas". E, dende Arela, en base ao noso compromiso coa xustiza social, compartimos esta preocupación e incorporámola na nosa práctica diaria ao ter presente a educación en igualdade como un pilar da nosa filosofía de traballo. Dise que estamos a vivir a 4º onda feminista e iso converte o 8 de marzo nun día no que celebrar esta loita, con esta reivindicación, máis forte e con máis decisión ca nunca.

Para isto, precisamos dunha unión de forzas, como rede e sociedade que nos une, partindo da sororidade como enerxía que nos impulsa e nos axuda a xuntar as nosas voces nas mesmas mensaxes: querémonos libres, querémonos vivas. Este ano, ademais, dándolle visibilidade aos coidados, porque sen eles, non hai vida.

 


(imaxe SEX EDUCATION)

Aínda queda moito camiño por desfacer para avanzar, moito por cuestionarmos para poder, coas lentes da sororidade: aprender a traballar en equipo, aceptando as diferenzas e a diversidade, non como motivos para distanciarnos, senón para aprendermos unhas das outra e avanzar en comunidade.

Dende Arela queremos sumar a nosa voz ao conxunto do feminismo galego: sen coidados, non hai vida; sen coidados, a vida é violenta. E porque na esencia do traballo en Arela non pode faltar a loita por facer dos coidados unha responsabilidade compartida.

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?