Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Novembro 2019
D L M X J V S
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Noticias

MELLORAMOS OS NOSOS CENTROS GRAZAS Á XUNTA DE GALICIA E AO PROGRAMA OPERATIVO FEDER

A través das "Axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social" da Xunta de Galicia, operación cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, estamos mellorando as nosas Casas de Familia e Centros de Atención de Día Integral.

Grazas a estas axudas puidemos acometer melloras en todos os nosos centros do ámbito de protección que reverterán na confortabilidade e comodidade dos nenos, nenas e adolescentes que neles residen ou asisten.


En concreto:

- Hai novos dormitorios para os nenos, nenas e adolescentes das Casas de Familia Atlántida de Vigo e Allariz.

- Tamén hai novo equipamento informático nas Casa de Familia de Bembrive de Vigo, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e Allariz, e nos Centros de Atención de Día de Santiago e O Barco de Valdeorras.

- Melloramos a confortabilidade dos salóns das Casas de Familia de Allariz, O Barco de Valdeorras e Monforte e do Centro de Atención de Día de O Barco de Valdeorras.

- Reformouse e actualizouse a cociña da Casa de Familia de Atlántida e instaláronse lava-vaixelas na Casa de Familia de Monforte e no Centro de Atención de Día de O Barco de Valdeorras.

- De cara a facer os centros máis eficientes, dende o punto de vista térmico, estanse a instalar novas persianas na Casa de Familia de O Barco e Santiago; ademais na Casa de Familia de O Barco tamén se instalaron acumuladores; tarima flotante na Casa de Familia Atlántida de Vigo, Santiago e Monforte; e un sistema de climatización do Centro de Atención de Día de O Barco.

- Estamos a facer máis accesible e práctico un dos baños da Casa de Familia de Monforte e outro na Casa de Familia de Bembrive en Vigo.


- Na Casa de Familia de Santiago de Compostela uniuse o garaxe coa vivenda mediante unha porta interior.


- Na Casa de Familia Bembrive de Vigo instalarase un sistema eficiente de alumeado exterior que se activa só co movemento, e colocouse un portal no garaxe máis seguro.

 

A Asociación ARELA celebra o seu 20º aniversario

Hoxe ARELA cumpre 20 anos!! O traballo con infancia e adolescencia en situación de desprotección e conflito social foi dende sempre a nosa misión principal. É momento de agradecer a todas as persoas que formaron ou forman parte desta historia: nenos, nenas, adolescentes e familias que compartiron os seus procesos con nós; e traballadores e traballadoras que aportaron e aportan no día a día a súa valía e capacidades profesionais para mellorar a calidade de vida do colectivo co que traballan; socios, socias, amizades e persoas colaboradoras; un montón de entidades coas que traballamos en rede compartindo metas e obxectivos; empresas, fundacións e diferentes institucións públicas e privadas que apoiaron con recursos este camiño;... e tanta e tanta xente...

Un día é pouco para conmemorar tanto! Así que o que iniciamos hoxe é un ano de celebracións e agradecementos, 12 meses para lembrar todo o compartido e deseñar 20 anos máis de novos proxectos.

 

Parabéns, ARELA!!

 

 

A Deputación de Ourense subvenciona á Asociación ARELA neste 2018

A Deputación de Ourense, dentro da súa convocatoria de subvencións para proxectos sociais para este 2018, financia un Programa de Intervención Familiar para as Casas de Familia de Arela da Provincia de Ourense (Allariz e O Barco de Valdeorras).

Este proxecto ten unha duración de un ano e leva operativo dende o mes de xaneiro.

 

   

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2017

Un ano mais ARELA fai pública a súa memoria de actividades correspondente ao ano 2017, na que se resume o traballo desenvolto neste periodo. A través deste documento pretendemos achegar dun modo máis visual e resumido todo o que facemos, que ven sendo unha continuidade do que vimos levando a cabo dende xa hai 19 anos.

Non seguinte enlace podedes descargar a Memoria 2017

 

A ASOCIACIÓN ARELA DECLARADA ENTIDADE DE UTILIDADE PÚBLICA

O pasado martes 22 de maio, publicouse no DOG a Declaración da Utilidade Pública da Asociación ARELA.

En que se traduce este recoñecemento?

- Dende este momento ARELA poderá acollerse ó Réxime fiscal enmarcado na Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo. Polo que teremos beneficios fiscais moi superiores ós que tivemos ó longo dos últimos anos.

- No que se refire a todos ás persoas que que actualmente colaborades económicamente con ARELA (ou que o poidades facer a partir de agora), teredes beneficios fiscais sobre o aportado, xa que terán a súa deducción correspondiente no IRPF ou no Imposto de Sociedades co Certificado de Doazóns que vos remitiremos en cada caso.

- No que se refire a persoas xurídicas, as empresas poderán deducir no Impuesto de Sociedades.

Neste proceso estivemos acompañados e asesorados por ALGALIA

   

Páxina 2 de 26

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?