Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Xuño 2019
D L M X J V S
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6

Concesión de subvención para a contratación de traballadores desempregados (Programa Operativo de Emprego Xuvenil)

A Xunta de Galicia ven de conceder a ARELA esta subvención que permitiu  a contratación de 4 educadores e educadoras sociais para a posta en marcha do servizo “Mellora da atención individualizada ós nenos, nenas e adolescentes residentes nas Casas de Familia ARELA”. Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Dende o 17 de Agosto temos 4 novos compañeiros desenvolvendo este servizo nas dúas Casas de Familia que temos en Vigo, na Casa de Familia de Monforte de Lemos (Lugo) e na de O Barco de Valdeorras (Ourense). Este reforzamento dos Equipos Educativos pretende acadar un aumento da atención individualizada os nenos, nenas e adolescentes residentes nestas Casas de Familia enfocado principalmente nos seguintes aspectos: ocio individualizado, apoio escolar, atención exclusiva e resposta ás necesidades específicas.
Esta subvención abrangue 7 meses de intervención educativa, durante os cales ARELA tratará de acadar recursos que permitan a continuidade no tempo do servizo. As subvencións para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro (Programa Operativo de Emprego Xuvenil) son concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e están financiadas nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago