Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Xuño 2019
D L M X J V S
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6

A ASOCIACIÓN ARELA E A FUNDACIÓN BARRIÉ ENTREGARON OS PREMIOS DO CONCURSO “2016: O reto do acoso escolar”


O pasado xoves 16 de xuño,entregamos os premios do concurso "2016: o reto do acoso escolar", acto levado a cabo na sede da Fundación Barrié en A Coruña. 

O concurso, tivo coma obxectivo profundizar sobre o problema do acoso escolar a partir da visión dos propios adolescentes,  premiando a imaxinación, a orixinalidad, a creatividade, e a representación de valores relacionados coa convivencia.

Nesta primeira edición do concurso recibíronse un total de 35 traballos das provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo. O IES Alexandre Bóveda de Vigo alzouse co primeiro premio na modalidade musical. Na modalidade audiovisual o premio correspondeu ó IES Fin do Camiño de Fisterra. Os accésits foron para o Colexio Santa Cristina de Vigo e ao IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, na modalidad musical e audiovisual respectivamente.

No acto de entrega dos premios proyectáronse os dous traballos audiovisuais finalistas. Así mesmo, os/as alumnos/as finalistas na modalidade musical interpretaron as súas composicións en directo. O acto contou con 60 participantes, entre alumnado e profesorado. 

Os premios consistiron en vales regalo canxeables por material musical ou audiovisual, libros, discos ou materiais educativos.


RELACIÓN DE TRABALLOS GAÑADORES

MODALIDADE MUSICAL

1. PREMIO
IES Alexandre Bóveda (Vigo)
Un día más

ACCESIT
Colexio Santa Cristina (Vigo)
Día a día una sonrisa

MODALIDADE AUDIOVISUAL

1. PREMIO
IES Fin do Camiño (Fisterra)
Cibermentores

ACCESIT
IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)
Pingas de Auga

 

(foto grupal dos participantes no acto)

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago