Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Agosto 2019
D L M X J V S
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

A Asociación ARELA participará na nova edición do Programa Más Social 2015 (FUNDACIÓN BARRIÉ), xunto con outras entidades do terceiro sector de Galicia

 José María Arias, presidente da Fundación Barrié; Marta Colomina, directora xeral da Fundación de PwC; e os directores das empresas EDISA, Carlos Suárez, e Valora Consultores, Senén Ferreiro, ambas as dúas colaboradoras do programa Más Social, presidiron a presentación das cincuenta entidades sociais galegas que recibirán as axudas Más Social 2015, onte na sede da Fundación Barrié na Coruña.

 A Asociación ARELA beneficiouse un ano máis do Más Social, programa que orienta ás entidades prestadoras de servizos sociais galegas cara a unha dirección e xestión profesional economicamente sostible, e que beneficiou dende 2011 a 98 entidades, e en 2015 son 50 as entidades de diferentes ámbitos e das catro provincias que recibirán as súas axudas. 

 Nesta terceira convocatoria, a Asociación ARELA participará no programa de formación presencial, en Vigo e A Coruña.

Iniciado no 2011 como primeiro proxecto común entre as Fundacións Barrié e de PwC, Más Social converteuse xa nun modelo de referencia en canto ao apoio a estas entidades sociais medianas e pequenas, cun rol fundamental na atención aos colectivos máis vulnerables. O seu obxectivo era chegar ao maior número posible de entidades, e ata a data son 98 as beneficiarias das tres convocatorias celebradas.

 

 

 

 

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago