Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Novembro 2019
D L M X J V S
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

A Fundación Barrié e a Asociación ARELA asinan un novo convenio de colaboración para este 2015

Durante este mes de febreiro, a Fundación Barrié e a Asociación ARELA asinaron un novo convenio a través do cal manterase o Programa Preventivo de Condutas Infractoras, Ktorce18 durante este 2015. así como facilitará a organización de diferentes xornadas, unha para público xeral e outra máis específica, destinado a profesionais da intervención en medio aberto.  

Este novo convenio segue mantendo a súa base nas charlas impartidas a alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Galicia (a partir de 2º ESO ou alumnado da FP básica, ciclos medios e bacharelato), así como para pais e nais a través das ANPAS e á comunidade educativa formado por profesores e profesoras. Este ano inclúese coma novidade a posibilidade de poder chegar ás familias usuarias dos Servizos Sociais dos diferentes concellos galegos.

 MAIS INFORMACIÓN  e  FORMULARIO DE SOLICITUDE

Cada ano se van propoñendo novos cambios nos materias a utilizar nas charlas, por isto o novo convenio favorecerá que se poida diseñar unha nova presentación a cargo dun ilustrador galego, polo que xa estamos a ver as primeiras propostas que se poderán utilizar de cara o próximo curso escolar 2015/16. 

En relación ás dúas xornadas que estamos a organizar, nos próximos días desgranaremos polo miudo en qué consisten, tan só adiantar que imos poder contar con profesionais de gran prestixio a nivel do estado español e que sen dúbida será casi obrigado non perderse as súas aportacións ó mundo da educación en xeral e en específico. 

Gracias á Fundación Barrié de la Maza por seguir apostando pola nosa labor preventiva e formativa. 

   

 

 

 

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?