Servizo de Centros de Día para adolescentes e mocidade en conflito social

Descrición

Os centros de día teñen como obxectivo a reinserción social dos menores que cometeron algún delito, ofrecéndolles alternativas de futuro que eviten a reincidencia. Fundaméntase na Lei Penal 5/2000 de responsabilidade penal do menor. Intervén de maneira global nas causas de inadaptación, considerando o menor de forma integral e tentando o seu desenvolvemento no seu propio medio sociocultural, de xeito que a intervención alcance todos os ámbitos da súa vida: familia, amigos, escola, saúde, recursos comunitarios, traballo, formación…

O Servizo de Centros de Día para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social pertence á área de intervención en medio aberto, abranguendo a execución de medidas xudiciais desde unha perspectiva educativa; ditas medidas son:

  • Liberdades Vixiadas;
  • Asistencia a un centro de día;
  • Tratamentos Ambulatorios;
  • Permanencias de Fin de Semana;
  • Prestacións en Beneficio da Comunidade;
  • Tarefas Socioeducativas.

Misión

O Servizo de Centros de día para adolescentes e mocidade en conflito social ten como misión a execución de medidas xudiciais en réxime aberto para adolescentes e mozos en conflito social, baixo unha marcada vertente educativa e pretende alcanzar como obxectivos fundamentais a non reincidencia, a responsabilidade e a autonomía persoal, así como a promoción de pautas para un aprendizaxe significativo e contando coa cooperación de todos os axentes sociais e a familia.

Destinatarios

A lei 5/2000 aplícase ás persoas maiores de 14 anos e menores de 18 anos pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal Vixente.

Menores ou mozos que residan na Provincia de Pontevedra e que veñan derivados polo Equipo de Medio Aberto da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Traballo e Benestar.

Fases da intervención

Para o desenvolvemento do Servizo de Centros de Día para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social lévanse a cabo as seguintes fases de intervención:


¿Onde estamos?

O Servizo de Centros de día para adolescentes e mocidade en conflito social  conta na actualidade cun Centro de Día en Vigo e outro en Pontevedra.

Financiamento

Para o financiamento do Servizo de Centros de Día para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social ARELA ten asinados coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 2 convenios de colaboración: un para o Centro de día de Vigo e Outro para o Centro de día de Pontevedra.

11/05/2012 O sistema de bonos de ARELA xestionou dende a súa posta en marcha máis de 110.000€.

20 persoas colaboran dende o 1 de xaneiro de 2011 no sistema de bonos de ARELA con prestamos monetarios á entidade que facilitan a liquidez económica da mesma.

26/04/2012. Asemblea de socios e socias de ARELA.

O xoves 26 de abril de 2012 a asociación ARELA celebrou unha asamblea ordinaria de socios e socias na que se presentarou para a súa aprobación o balance económico do ano 2011.

10/05/2012. ARELA colabora na organización das Xornadas Retos actuais na inclusión social da infancia: a Lei do Menor, reflexións, medidas e procedementos.

As xornadas, organizadas en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e inservida celebraranse en Santiago de Compostela os días 11, 12 e 13 de maio de 2012.

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago