Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Xuño 2017
D L M X J V S
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Servizo de Casas de Familia

Descrición

Son pisos ou vivendas unifamiliares nas que conviven, en atención residencial, 8 nenos, nenas, adolescentes e mozos con 4 educadoras e educadores. Son un recurso de paso mentres se traballa coas familias para superar as situacións que provocaron a saída do neno, nena, adolescente e/ou mozo, ou ben, se isto non é posible, se traballa para a consecución dun recurso familiar alternativo (acollemento ou adopción).

Misión

O servizo de casas de familia ten como misión crear un clima acolledor de afecto e respecto aos nenos, nenas e adolescentes, acompañándoos durante todo o seu proceso neste programa para que alcancen, canto antes, o seu dereito a vivir nunha familia de forma estábel e segura.

Destinatarios:

Nenas, nenos e/ou adolescentes con idades comprendidas entre os 0 e os 18 anos que, a causa dunha situación de desamparo, estean baixo a tutela da Administración ou se asuma temporalmente a súa garda.

Os usuarios do Servizo de Casas de Familia veñen derivados polos profesionais dos Servizos de Menores das delegacións provinciais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Excepcionalmente e previo acordo entre a persoa atendida e o correspondente Equipo Técnico do Menor, poderán continuar na Casa de Familia, dentro dun programa de desinstitucionalización, os mozos e mozas maiores de 18 anos que, con anterioridade á súa maioría de idade, estiveran xa a residir na mesma.

Fases da intervención:

Para o desenvolvemento do Servizo de Casas de Familia lévanse a cabo as seguintes fases de intervención.

¿Onde estamos?

O Servizo de Casas de Familia da cobertura ás 4 provincias galegas a través das seis Casas coas que conta a Asociación na actualidade e que se distribúen xeográficamente do seguinte xeito:

  • PONTEVEDRA: 2 Casas de Familia en Vigo.
  • A CORUÑA: 1 Casa de Familia en Santiago de Compostela.
  • LUGO: 1 Casa de Familia en Monforte de Lemos.
  • OURENSE: 1 Casa de Familia en Allariz e outra en O Barco de Valdeorras.

Financiamento

Para o financiamento do Servizo de Casas de Familia a Asociación ARELA ten asinados coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 6 Contratos de xestión de servizos públicos para o acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia (Número de expediente 133/2007)

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago