Programa de prevención de condutas infractoras

Descrición

Este programa, que se pon en funcionamento no ano 2009, ten como obxectivo previr condutas infractoras entre os adolescentes matriculados nos institutos e colexios de educación secundaria da provincia de Pontevedra, a través da realización de charlas informativas de difusión da Lei 5/2000

Xustificación do Programa

Normalmente, os medios de comunicación fanse eco da Lei 5/2000 en distintas direccións:

  • Informacións sobre menores que delinquen destacando o acontecemento illado
  • Informacións sobre as vantaxes que para os menores ten a posta en marcha da lei.
  • Informacións sobre a falta de recursos necesarios para que a aplicación da lei non sexa un fracaso.

Máis non existe apenas información sobre a cantidade de medidas impostas polos xulgados de menores nin se informa sobre a complexidade da realidade de cada menor que delinque ou da responsabilidade colectiva con respecto ó tipo de sociedade que se constrúe e o tipo de comportamentos que se potencian na mesma.

Por outra banda, ocúltanse as desvantaxes polas que pasa un menor infractor con respecto dun adulto. Moitos dos delitos ou faltas tipificados no Código Penal que se converterían nunha sanción administrativa para un adulto, convérsense nunha intervención educativa de calado para un menor de idade xa que a lei permite que, ademais de ter en conta o tipo de delito cometido, tamén se estuden as circunstancias sociofamiliares do presunto infractor, o que fai que en función das mesmas se poida aplicar unha medida reformadora ou outra, porque o espírito da lei é especialmente educativo.

Destinatarios

Está dirixido a alumnos e alumnas de 2º a 4º da ESO dos Institutos e Colexios da Provincia de Pontevedra.

Para máis información:

Os colexios e institutos interesados poden solicitar máis información a través dos seguintes medios:

  • Teléfono: 986.212.537
  • Correo electrónico: Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela .

Metodoloxía de traballo:

Trátase de realizar unha charla informativa nunha clase de 50 minutos de duración con estudantes de 2º, 3º e/ou 4º da ESO. Seguiranse os seguintes pasos:

  1. Introdución. De feito moi sinxelo e breve, trátase de presentar a Asociación ARELA e o traballo que se realiza dende os Centros de Día para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social.
  2. Facer unha breve explicación sobre a Lei 5/2000, o seu espírito, características, medidas xudiciais que se poden impor, tipoloxía de centros existentes, … e os feitos que poden dar orixe a unha medida xudicial. Neste apartado, falaríanse de exemplos moi próximos á súa vida cotiá:
    • Cuestións informáticas: ameazas, coaccións, delitos contra a intimidade, descargas ilegais, gravacións co móbil, …
    • Cuestións de agresións: pelexas no instituto ou fora del, ameazas ou agresións a profesores, danos no mobiliario urbano (coches, casas, farois, papeleiras, …)
    • Cuestións relacionadas co uso e consumo de sustancias tóxicas.
  3. Explicar, moi brevemente, como é o procedemento: denuncia, apertura de expediente, e os pasos a dar, así coma os tempos pasados ata a celebración de audiencia e as súas fases.
  4. Explicar brevemente como é o cumprimento das medidas, tanto en internamento (aberto, semiaberto, pechado e terapéutico) como en medio aberto (liberdades vixiadas, asistencia a centro de día, prestacións en beneficio da comunidade, tratamentos ambulatorios, tarefas socioeducativas e permanencias de fin de semana en domicilio), así como as medidas cautelares que se poden impor e o
  5. Finalmente abriríase unha quenda para que os adolescentes poidan preguntar todas ás súas dúbidas.

Financiamento.

O programa foi financiado no ano 2009 coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e no ano 2010 coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

11/05/2012 O sistema de bonos de ARELA xestionou dende a súa posta en marcha máis de 110.000€.

20 persoas colaboran dende o 1 de xaneiro de 2011 no sistema de bonos de ARELA con prestamos monetarios á entidade que facilitan a liquidez económica da mesma.

26/04/2012. Asemblea de socios e socias de ARELA.

O xoves 26 de abril de 2012 a asociación ARELA celebrou unha asamblea ordinaria de socios e socias na que se presentarou para a súa aprobación o balance económico do ano 2011.

10/05/2012. ARELA colabora na organización das Xornadas Retos actuais na inclusión social da infancia: a Lei do Menor, reflexións, medidas e procedementos.

As xornadas, organizadas en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e inservida celebraranse en Santiago de Compostela os días 11, 12 e 13 de maio de 2012.

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago