O Programa de autonomía de ARELA Procura, por unha parte, fomentar a independencia de cada adolescente atendendo ás súas capacidades e necesidades persoais desde unha perspectiva global, que abarca o traballo desde diferentes aspectos, como a busca de emprego, a formación, a xestión doméstica, a xestión do tempo libre, a saúde e hixiene, as habilidades sociais e a xestión económica.
Por outra parte, procura acompañar os mozos e mozas que, unha vez cumprida a maioría de idade, comezan a súa vida de forma independente, achegándolles para iso os recursos propios do seu medio social e poñendo á súa disposición os recursos humanos e económicos da asociación cando sexa necesario.
Os destinatarios deste programa serán tódolos adolescentes ou xoves que, despois de vivir nunha casa de familia e, ante a imposibilidade de reintegrarse na súa familia ou nunha familia de acollida ou adoptiva comezan a súa vida de forma autónoma. Exceptuaranse aqueles que manifesten que non queren que se lles faga este acompañamento.
20 persoas colaboran dende o 1 de xaneiro de 2011 no sistema de bonos de ARELA con prestamos monetarios á entidade que facilitan a liquidez económica da mesma.
O xoves 26 de abril de 2012 a asociación ARELA celebrou unha asamblea ordinaria de socios e socias na que se presentarou para a súa aprobación o balance económico do ano 2011.
As xornadas, organizadas en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e inservida celebraranse en Santiago de Compostela os días 11, 12 e 13 de maio de 2012.