Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Decembro 2017
D L M X J V S
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6

GRAZAS Á XUNTA DE GALICIA E AO PROGRAMA OPERATIVO FEDER ESTAMOS MELLORANDO OS NOSOS CENTROS

A través das "Axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social" da Xunta de Galicia, operación cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, estamos mellorando as nosas Casas de Familia e Centros de Atención de Día Integral.

Grazas a estas axudas puidemos acometer melloras en todos os nosos centros do ámbito de protección que reverterán na confortabilidade e comodidade dos nenos, nenas e adolescentes que neles residen ou asisten.

 

En concreto:

- Temos un novo vehículo na Casa de Familia de Allariz.

- Cambiamos as fiestras, mellorando notablemente o illamento, nas Casas de Familia Atlántida de Vigo e O Barco de Valdeorras, e no Centro de Atención de Día de O Barco.

- Instalamos parqué nos dous centros de O Barco de Valdeorras.

- Hai novos dormitorios para os nenos, nenas e adolescentes das Casas de Familia Bembrive de Vigo, Monforte e Santiago.

- Melloramos cociñas e comedores, instalando electrodomésticos eficientes, nas Casas de Familia de Monforte e Santiago, e no Centro de Atención de Día de Santiago. Ademais a Casa de Familia Bembrive de Vigo xa ten lavavaixelas.

- Tamén hai novo equipamento informático e/ou audiovisual nas Casa de Familia de Bembrive, na de Santiago e no Centro de Atención de Día de Santiago.

- Os nenos, nenas e adolescentes do Centro de Atención de Día de Santiago puideron facer o seu propio deseño da sala de xogos e levouse á realidade. E, ademais, mellorouse a luminosidade grazas a instalación de lámpadas led eficientes.

 

 

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago