A través deste sistema a Asociación pretende canalizar as inquedanzas de aquelas persoas que queren apoiar os seus proxectos.
¿En qué consiste?
Ante o escenario social e económico no que nos atopamos a Asociación ARELA pretende establecer unha xestión que permita a súa viabilidade económica a través dunhas contas transparentes e saneadas. Para poder manter esta situación e facer fronte aos retrasos no pago das axudas e subvencións dos seus principais financiadores, a asociación debe aumentar a súa liquidez e os recursos propios.
Co fin de poder aumentar a liquidez da Asociación ARELA, poñemos en funcionamento o Sistema de bonos. A través deste Sistema definimos unha canle para que persoas próximas á entidade poidan colaborar coa entidade a través de préstamos monetarios.
¿Quen pode ser prestatario?
- Buscamos persoas que coñezan ARELA e estean identificadas coa misión da entidade e cos Programas e Servizos que leva a cabo para conseguir a súa misión.
- Que froito desa identificación queiran colaborar economicamente coa entidade, a través dun préstamo.
- Que sexan maiores de idade.
Condicións:
- Sinatura, por duplicado, dun contrato legal entre a Asociación ARELA e o prestatario, no que se recollen:
- os datos de ARELA;
- os datos do prestatario;
- as condicións nas que se realiza o préstamo: Cartos prestados, prazo de tempo no que se fai o préstamos dos cartos; tipo de interese;…
- A asociación ARELA comunicará trimestralmente a Axencia Tributaria as persoas que prestaran cartos a ARELA e que o prazo de tempo do préstamos rematara nese trimestre a través do modelo 123, ademais decláranse os intereses recibidos polo prestatario en función dos cartos prestado e do tempo no que foron prestados.
- O prestatario comprométese a facer os préstamos a ARELA por períodos semestrais ou anuais.
- O prestatario comprométese a non retirar a cantidade prestada antes do prazo acordado por ámbalas dúas partes.
- A cantidade prestada devengará intereses a favor do prestatario ao fin dos prazos de duración dos préstamos, recollidos no contrato (semestral ou anual).
- As cantidades que unha persoa poderá prestar a ARELA situaranse no intervalo de 500€ a 5.000€
- A cantidade máxima que ARELA poderá recibir en prestamos será de 120.000 €. (que se corresponde con unha mensualidade de estancias da Xunta de Galicia).
- O interese anual que se aplicará aos cartos prestados a ARELA será do 3% TAE.
- O prestatario deberá avisar con, polo menos, 15 días de antelación, ao fin do prazo de préstamo dos cartos, da súa intención de retirar os cartos ou de continuar co préstamo por outro período máis.
Cómo contactar:
Se tes algunha dúbida ou queres colaborar co sistema de bonos de ARELA, podes contactar con María Marcote (
Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
) ou Nacho Pérez (
Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
) ou no teléfono 986.212.537
Podes descargarte un documento con máis información ao respecto na sección Documentación.