Podes colaborar cos nosos proxectos a través dunha contribución económica
19/03/2018
Xa está aberta a inscrición na xornada "2018: enreda na rede"12/02/2018
A Asociación ARELA e a Fundación Barrié traballarán este ano baixo o lema "2018: enreda na rede"19/12/2017
Concesión de subvención para a contratación de traballadores desempregados (Programa Operativo de Emprego Xuvenil)
A Consellería de Política Social conmemorará coa Asociación Arela e as fundacións Meniños e Juan Soñador o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas o vindeiro luns 20 de novembro baixo a lenda ‘Imaxinas tódolos dereitos cumpridos?’. O acto central terá lugar no CEIP O Pombal de Vigo, e consistirá nunha concentración dos escolares do centro e a lectura dun manifesto.
Previamente a este acto central, durante esta semana estanse a desenvolver unha serie de actividades de sensibilización no que o protagonismo é do o alumnado de Infantil e Primaria do centro de ensino vigués do Pombal, polo que con esta programación se chega a aproximadamente 350 estudantes. As actividades varían en función do ciclo ás que se dirixen e basicamente consisten en que os escolares teñan unha primeira aproximación á Convención dos Dereitos dos Nenos e Nenas mediante a proxección de vídeos, a decoración de caretas poñendo na fronte da mesma o nome dun dereito ou escollendo un dereito da infancia e escribir sobre o que consideran que debería acontecer para que se cumprise. Outra das accións consiste en dirixirse por carta aos Reis Magos para expoñer que dereito lles gustaría que se cumprise para todos os nenos e nenas, solicitando ás súas maxestades de Oriente colaboración para conseguilo.
A idea central desta campaña é achegar ao alumnado de Infantil e Primaria, en coordinación cos titores e titoras e o equipo de orientación e directivo do centro escolar, a Convención dos Dereitos da Infancia e que visualicen como sería a realidade dos nenos e nenas en todo o mundo se os dereitos se visen cumpridos.
Así mesmo, a campaña tamén terá difusión a través das redes sociais, coa finalidade de sensibilizar á sociedade en xeral e xerar conciencia sobre a prioridade de velar polo interese superior dos menores en tódalas actuacións que se leven a cabo.
SAÚDOS,
Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor
Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos
Síguenos en...