Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Decembro 2017
D L M X J V S
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6

A Fundación Barrié e a Asociación ARELA poñen en marcha actividades para a prevención da violencia de xénero entre adolescentes galegos

 

KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnado e mestres).

Esta intervención preventiva de condutas infractoras lévase a cabo, fundamentalmente, a través de diferentes charlas para escolares, así como para familias e para a comunidade educativa, achegando a Lei 5/2000 reguladora da responsabilidade penal dos menores ó público obxecto da mesma. Esta intervención chegou ata o de agora a mais de 20.000 participantes dende os seus inicios no ano 2012.

De cara a este ano, o programa KTORCE-18  centrarase na intervención a través do lema 2017: A violencia de xénero entre adolescentes levando a cabo actividades específicas sobre esta temática orientadas á prevención e intervención real dende os centros educativos.

Ambas entidades perciben un incremento de problemas entre os e as adolescentes que fan precisa unha reflexión por parte deles mesmos e dos profesionais da comunidade educativa. Neste caso, trátase dun incremento da violencia de xénero entre a adolescencia. Son moitas as relacións que se establecen entre adolescentes baseadas no control e na perpetuación de estereotipos de xénero.

Dende a Asociación ARELA e a Fundación Barrié, enténdese que estas situacións precisan dunha reflexión por parte de todos (alumnado, mestres, profesionais da intervención en xeral), favorecendo así a posibilidade de intervención real dende o centro educativo, por isto a proposta de levar a cabo unha serie de actividades neste campo nos próximos meses.

O programa KTORCE-18, seguirá tendo como eixe fundamental da intervención no contexto escolar a realización de charlas, para o alumnado e profesorado, así como para familias convocadas polos departamentos dos Servizos Sociais dos Concellos de Galicia. Esta intervención ten o obxectivo xeral de intentar previr a comisión de feitos delictivos entre adolescentes, así como dar a coñecer o contido da Lei do Menor á sociedade. As charlas pódense solicitar directamente a través das web das entidades organizadoras: www.fbarrie.org y www.arela.org.

CONCURSO DE ELABORACIÓN DE BOCETOS DE GRAFFITIS

Nos próximos días convocarase un concurso de elaboración de bocetos de graffitis, que pretende que os e as participantes reflexionen e cren mensaxes claros de freo á violencia de xénero. Ten como obxectivo fundamental implicar á adolescencia galega na loita contra calquera tipo de violencia de xénero. Este concurso contará cun xurado formado por diferentes profesionais de certa relevancia. Os dous bocetos gañadores poderán plasmar estes graffitis en  muros destinados a este fin ubicados en dúas cidades galegas.

O concurso está dirixido a  alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios dos centros educativos de Galicia.

XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS - CHARLA DE MARÍNA MARROQUÍ PARA ADOLESCENTES

O xoves 11 de maio celebrarase na sede da Fundación Barrié de Vigo unha xornada formativa para os e as profesionais da educación e da intervención social, que ten como obxectivo xerar un espazo de formación, reflexión e intervención sobre a violencia de xénero entre adolescentes. Contará coa participación, entre outros profesionais, de Marina Marroquí, Presidenta da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero quen, na mesma data, dará unha charla a adolescentes sobre esta problemática.

Con estas actividades, a Asociación ARELA e a Fundación Barrié queren poñer o seu grao de area con motivo de poder xerar cambios de conciencia nesta problemática social.

 

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago