Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Agosto 2017
D L M X J V S
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

Noticias

A Fundación Barrié e a Asociación ARELA asinan un novo convenio de colaboración para este 2015

Durante este mes de febreiro, a Fundación Barrié e a Asociación ARELA asinaron un novo convenio a través do cal manterase o Programa Preventivo de Condutas Infractoras, Ktorce18 durante este 2015. así como facilitará a organización de diferentes xornadas, unha para público xeral e outra máis específica, destinado a profesionais da intervención en medio aberto.  

Este novo convenio segue mantendo a súa base nas charlas impartidas a alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Galicia (a partir de 2º ESO ou alumnado da FP básica, ciclos medios e bacharelato), así como para pais e nais a través das ANPAS e á comunidade educativa formado por profesores e profesoras. Este ano inclúese coma novidade a posibilidade de poder chegar ás familias usuarias dos Servizos Sociais dos diferentes concellos galegos.

 MAIS INFORMACIÓN  e  FORMULARIO DE SOLICITUDE

Cada ano se van propoñendo novos cambios nos materias a utilizar nas charlas, por isto o novo convenio favorecerá que se poida diseñar unha nova presentación a cargo dun ilustrador galego, polo que xa estamos a ver as primeiras propostas que se poderán utilizar de cara o próximo curso escolar 2015/16. 

En relación ás dúas xornadas que estamos a organizar, nos próximos días desgranaremos polo miudo en qué consisten, tan só adiantar que imos poder contar con profesionais de gran prestixio a nivel do estado español e que sen dúbida será casi obrigado non perderse as súas aportacións ó mundo da educación en xeral e en específico. 

Gracias á Fundación Barrié de la Maza por seguir apostando pola nosa labor preventiva e formativa. 

   

 

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra subvenciona parte da inslatación dun sistema de climatización para o Centro de intervención educativa en medio aberto de Vigo

 A Deputación de Pontevedra, concedeu unha subvención (decembro de 2014) para acometer a instalación dun sistema de climatización no local do Centro de Intervención Educativo en medio aberto que a Asociación ARELA ten en Vigo. Con esta subvención concedida (que abarca un 66% do total do custe da instalación) ARELA pode mellorar o seu servizo na atención ós diferentes adolescentes que cumpren medidas xudiciais no centro, xa que ata o momento esta era unha das máis grandes necesidades en relación ás instalacións do mesmo. 

Grazas!!

 

 

 

A II convocatoria dos Premios CENOR electrodomésticos, outorga a ARELA un 3º premio de 1.500€

 O grupo CENOR Electrodomésticos, a través da súa segunda edición dos seus Premios Solidarios concederon a Asociación ARELA o terceiro premio (de 1.500€).  A entrega destes premios levouse a cabo no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, polo que a este acto celebrado o pasado 3 de decembro de 2014, contou con diferentes personalidades que deron gran solemnidade a este momento. Os outros finalistas foron Proxecto Home, cun segundo premio de 3.000€ e a Juntos Podemos, de 6.000€. 

 

Dende a Asociación ARELA queremos agradecer a Cenor electrodomésticos pola concesión á nosa entidade deste premio. 

Foto: Los Premios Solidarios Cenor Electrodomésticos, cierran así su segunda edición hasta el año que viene, esperando aumentar en su próxima convocatoria la afluencia de asociaciones benéficas en la zona norte de España con las que poder colaborar, y seguir demostrando nuestro compromiso por “ser diferentes”.

 

   

   

a Deputación de Ourense axudará a financiar o noso programa para o "Fomento da Alfabetización Dixital de Menores en risco de exclusión social".

 Esta subvención se enmarca ddentro da convocatoria para a concesión de axudas para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2014 na provincia de Ourense. 

 

A "Concellería de Política de Benestar" do Concello de Vigo concede unha subvención dentro da convocatoria para a realización de actividades da área dos Servizos Sociais deste 2014

A "Concellería de Política de Benestar" do Concello de Vigo vai subvencionar o "Programa de Promoción de Autonomía para adolescentes en situación de desprotección e/ou conflicto social" que se está a levar a cabo nas Casas de Familia e no Centro de Intervención Educativo en Medio Aberto da cidade de Vigo. 

   

Páxina 9 de 24

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago