Podes colaborar cos nosos proxectos a través dunha contribución económica
19/03/2018
Xa está aberta a inscrición na xornada "2018: enreda na rede"12/02/2018
A Asociación ARELA e a Fundación Barrié traballarán este ano baixo o lema "2018: enreda na rede"19/12/2017
Concesión de subvención para a contratación de traballadores desempregados (Programa Operativo de Emprego Xuvenil)#GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións. O obxectivo é dedicar un día en todo o mundo, o día 29 de novembro, a celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, cartos, tempo (voluntariado), obxectos de segunda man, etc.
Unha oportunidade para compartir a nosa xenerosidade coas persoas que nos rodean e para demostrar que o ser humano axúdase por encima de todas as condicións. Unha oportunidade para sentir a inigualable sensación de dar.
PROPOSTA DE ARELA PARA #GIVINGTUESDAY 2016
Os centros de ARELA son espazos abertos á contorna que lles rodea, pois consideramos fundamental para a integración social dos nenos, nenas e adolescentes poder participar das actividades do seu colexio ou do seu barrio, poder realizar excursións e coñecer lugares novos, e tamén poder reunirnos coa súa familia nas súas propias casas. É por isto que dispoñer dun vehículo é fundamental para o noso traballo, e o mellor é que teña 9 prazas para que poidan gozar das excursións todos e todas eles e elas.
Na comarca de Valdeorras (provincia de Ourense) temos unha furgoneta á que lle quedan poucos servizos por dar, necesitamos substituirla urgentemente. E nesta zona é especialmente necesaria pois atendemos a nenos, nenas e adolescentes que viven en localidades que non están comunicadas entre si por transporte público; non só a necesitamos para as actividades de lecer, senón tamén para trasladar aos máis pequenos ao cole cada mañá e para acompañalos á súa casa pola tarde.
Así, ARELA lanza o Proxecto "Movémonos" co fin conseguir unha cantidade de 2.000€ que faga máis asumible o financiamento deste vehículo.
Durante os meses de novembro e decembro queremos que este proxecto chegue a moitas persoas, e que dalgunha forma con moitas pequenas achegas consigamos o obxectivo marcado.
Polo tanto, MÓVESTE CON NOS? COLABORAS? a través deste enlace podes acceder a facer a colaboración.
O pasado 2 de outubro, dentro dos actos da celebración da XVIII Festa da Sidra de Bembrive (Vigo), fíxose entrega do galardón da VI Mazá de Ouro á Casa de Familia que ARELA ten nesta pedanía, recoñecendo a súa labor ó longo destes 18 anos. As compañeiras da Casa de Familia, Patricia Caride e Eva Mariño, recolleron esta distinción estando presentes neste acto os anteriores galardonados noutras edicións, así coma responsables políticos da cidade.
Esta distinción foi entregada polo Alcalde Pedáneo, Roberto Ballesteros, e o Alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Moitas gacias polo recoñecemento
Dende o 17 de Agosto temos 4 novos compañeiros desenvolvendo este servizo nas dúas Casas de Familia que temos en Vigo, na Casa de Familia de Monforte de Lemos (Lugo) e na de O Barco de Valdeorras (Ourense). Este reforzamento dos Equipos Educativos pretende acadar un aumento da atención individualizada os nenos, nenas e adolescentes residentes nestas Casas de Familia enfocado principalmente nos seguintes aspectos: ocio individualizado, apoio escolar, atención exclusiva e resposta ás necesidades específicas.
Esta subvención abrangue 7 meses de intervención educativa, durante os cales ARELA tratará de acadar recursos que permitan a continuidade no tempo do servizo. As subvencións para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro (Programa Operativo de Emprego Xuvenil) son concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e están financiadas nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
A Deputación de Ourense, dentro da súa convocatoria de subvencións para proxectos sociais para este 2016, financia un proxecto que dará resposta a situacións de emerxencia social para os nenos/as e adolescentes do Centro de Atención de Día Integral de O Barco de Valdeorras. Este proxecto ten unha duración de un ano e leva operativo dende o mes de xaneiro.
Un ano mais, achegamos a nosa memoria correspondente ao ano 2015, na que se resume o traballo desenvolto neste periodo, que ven sendo unha continuidade ó que vimos levando a cabo dende xa hai 17 anos.
No ano 2015 os 10 centros de intervención educativa xestionados pola Asociación ARELA, atenderon de xeito directo a 231 nenos, nenas, adolescentes e mozos e mozas e a 493 familiares destes. Ademais a través dos programas de sensibilización de ARELA chegamos a máis de 5.077 alumnos e alumnas, pais e nais e mestres e mestras.
No seguinte enlace podedes descargar a Memoria 2015
Páxina 5 de 25
Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor
Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos
Síguenos en...