Síguenos en...

Arela en Twitter Arela en Facebook Arela en Youtube

Decembro 2017
D L M X J V S
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6

Noticias

ARELA comparte a súa memoria de actividades do 2016

Un ano mais ARELA fai pública a súa memoria de actividades correspondente ao ano 2016, na que se resume o traballo desenvolto neste periodo, A través deste documento pretendemos achegar dun modo máis visual e resumido todo o que facemos, que ven sendo unha continuidade do que vimos levando a cabo dende xa hai 18 anos.

Non ano 2016 vos 10 centros de intervención educativa xestionados pola Asociación ARELA, atenderon de xeito directo a 235 nenos, nenas, adolescentes e mozos e mozas e a 185 familias. Ademais a través dous programas de sensibilización/prevención de ARELA chegamos a máis de 5.636 (alumnado, profesorado e familias) Foi este 2016 o ano de inicio de novos programas e novos retos que xa estamos a traballar neste 2017 (CaixaProinfancia, Convive...).

Non seguinte enlace podedes descargar a Memoria 2016

 

ARELA organiza unha formación en Prácticas Restaurativas no mes de xullo

Os e as profesionais de ARELA (capacitados polo IIRP) impartirán unha formación en PRÁCTICAS RESTAURATIVAS durante o mes de xullo de 2017. A formación está dirixida ós e ás profesionais da intervención social e da comunidade educativa, co obxectivo de dotar de ferramentas para mellorar a convivencia e para previr, detectar, xestionar e resolver situacións de conflito.

A aposta de ARELA polas PRÁCTICAS RESTAURATIVAS reside no seu enorme potencial preventivo e reparador, así como pola capacidade de utilización en diferentes contextos (familiar, educativo, social, laboral, xudicial e comunitario). Iníciase así unha oferta de formación aberta ó público esperando que teña gran interese para todos e todas.

 

Se queres máis información sobre as PRÁCTICAS RESTAURATIVAS podes visitar a web do Instituto Internacional de Prácticas Restaurativas Latinoamericano.

AFORO LIMITADO

 

Para inscribirte, descarga este formulario e renvíao a Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

 

Duas alumnas do Colexio Amor de Dios de Vigo son as gañadoras do concurso de grafitti “2017: a violencia de xénero entre adolescentes” convocado por ARELA e a Fundación Barrié

Antía Vega Montes, co boceto “Abre os Ollos” é a gañadora deste concurso. O segundo premio correspondeu ao traballo “Te quiero”, realizado por Marta Gil Silva. Ambas estudan 1º de Bacharelato no Colexio Amor de Dios, de Vigo. O concurso ten como obxectivo fundamental implicar á adolescencia galega na loita contra calquera tipo de violencia de xénero.


Antía Vega Monte, co boceto “Abre os Ollos” foi a gañadora de este concurso: “o meu deseño ten como obxectivo principal transmitir a idea de que a violencia de xénero non comprende únicamente o maltrato físico senón que tamén se manifesta en certas actitudes e comportamentos non agresivos aínda que igualmente perigosos como o control sobre a vida social e privada da parella”.

O segundo premio correspondeu ao boceto “Te quiero”, realizado por Marta Gil Silva, quen explica que “no día de un adolescente algo tan pequeno como unha mensaxe de texto pode significar moito (…) É común ignorar, menospreciar e deixar pasar sen importancia cuestións aparentemente inofensivas como xestos ou actitudes violentas puntuais. Os celos non se corresponden con amor e un interrogatorio para saber cada movemento que fas non é preocuparse por ti. Son eses detalles o que nos ten que alertar porque é ese momento cando se pode deter”.

Ambas estudan 1º de Bacharelato no Colexio Amor de Dios, de Vigo.


1º Premio                                                                                                    2º Premio

 

24 traballos das provincias de A Coruña, Pontevedra e Lugo presentáronse a este concurso dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica dos centros educativos de Galicia.

Todos os traballos presentados están publicados na web da Fundación Barrié: ver traballos.

No mes de Setembro as dúas gañadoras pintarán os seus grafittis en muros de Vigo e Pontevedra.

Este proxecto contou coa colaboración desinteresada, como mebros do xurado, de:

o Asociación Arela

o Fundación Barrié

o Concello de Vigo

o Concello de Pontevedra

o Pilar Alonso (pintora, Vigo)

o Sax (grafiteira, Vigo)

o Crawler (grafiteiro, Pontevedra )

o Mutante Creativo (grafiteiros, Ordes)

o Marina Marroquí (Presidenta da Asociación Icilitana contra a violencia de xénero)

 

 


   

Traballos presentados ao Concurso de Grafittis "2017: A violencia de xénero entre adolescentes"

Unha vez pechado o prazo de recepción de bocetos, xa podedes consultar na web da Fundación Barrié os traballos presentados. O xurado xa está facendo a valoración e nun par de semanas darase a coñecer o resultado.

Galeria de imaxes

 

Programa Convive.comigo

Que se busca?

Buscamos familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.

Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/as adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.

Que requisitos?

Partimos duns requisitos mínimos como ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de parentalidade,…

Valoramos positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico,…

Que ofrecemos?

- Formación grupal e individual, e asesoramento.

- Acompañamento de profesionais.

- Financiamento durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou a persoa.

Máis información:

Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

986212537


   

Páxina 2 de 24

Formas de colaborar con Arela

Colabora con nos

Colabora con Arela realizando unha donazón puntual, ou a través dunha contribución económica que axudará ao mantemento da nosa labor

Faite voluntario

Arela conta cun programa de voluntariado, destinado a que as persoas que o desexen poidan contribuir no desenvolvemento dos proxectos

Donación para empresas

¿Queres ser unha empresa solidaria?

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago